11
“COMMENT S’Y PRENDRE” Tâche 2- Didáctica da Lingua Estranxeira: Francés Ana Leirós Jiménez

Presentación tâche 2

  • Upload
    ana1209

  • View
    116

  • Download
    7

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Presentación tâche 2

“COMMENT S’Y PRENDRE”

Tâche 2- Didáctica da Lingua Estranxeira: FrancésAna Leirós Jiménez

Page 2: Presentación tâche 2

CADRO OBXECTIVOS CONTIDOS NIVEL A1.1 (CECRL) CAPACIDADES (CECRL)

Área I Coñecemento de si mesmo e autonomía

persoal.

Coñecer e representar o propio corpo

identificando as suas partes e algunhas das

suas funcións, descubrindo as

posibilidades de acción e expresión, e coordinando e

controlando cada vez con maior precisión

xestos e movementos.  

Bloque I: O corpo e a propia imaxe

-Exploración do propio corpo, recoñecendo

progresivamente as súas características e

posibilidadespara chegar á toma de conciencia do propio esquema corporal.

 

Escoitar 

-Comprender as palabras que nomean partes da miña anatomía: cabeza, colo, corpo, pernas, brazos, mans, ollos, boca e nariz, dedos, etc.-Comprender e reaccionar ós saúdos de entrada e saída. 

Falar 

-Xogar a xogos de palmas, e de psicomotricidade fina nos que cántanse cancións ou recitar rimas sinxelas. Seguir o ritmo marcado e dicir palabras ou tararear partes dunha rima.

Conversar 

-Seleccionar un obxecto entre varios cando oio a palabra ou algunha das súas características.Área III Linguaxes:

comunicación e representación.

-Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para

comunicarse en actividades contextualizadas e mostrar

interese e gozo ao participar nestes intercambios

comunicativos.

Bloque I: Linguaxe verbal

-Uso progresivo, acorde coa idade, de léxico variado,

aumentando a precisión na busca dunha maior

estruturación das súas frases.

Ler 

-Asociar obxectos, persoas, persoaxes, as partes do meu corpo... nas representacións básicas: fotografías, debuxos, etc.

Escribir 

-Estruturar unha historia ou secuencia a partir dunha serie de imaxes desordeadas.

Page 3: Presentación tâche 2

Tanto os obxectivos como os contidos elixidos para esta tarefa corresponden a áreas diferentes do currículo de Educación Infantil. O motivo é que para comezar o ensino do francés como lingua estranxeira partirase dun tema básico que os nenos coñecen moi ben; o seu corpo, co cal realizaremos actividades de vocabulario e de psicomotricidade para acercalos a esta nova lingua. Ademais disto, pretendemos que os nenos comprendan e empreguen expresións sinxelas (saúdo, despedida, presentación, ordes básicas, etc).

XUSTIFICACIÓN

Page 4: Presentación tâche 2

NIVEL DE REFERENCIA DO CECRL

O nivel de referencia do CECRL elixido é o A1.1. A elección de este nivel débese a que os alumnos non tiveron aínda contacto co francés como lingua estranxeira. Co nivel A1.1 preténdese acercar ós nenos o descubrimento desta lingua descoñecida para eles, polo que debemos comezar dende o nivel máis básico. Os alumnos interactuarán de forma moi sinxela, xa que o maior obxectivo a acadar é que comprenda expresións simples,que sexa capaz de saudar/despedirse, e que aprenda algo de vocabulario básico.

Page 5: Presentación tâche 2

ORIENTACIÓNS METODOLÓXICASA esixencia de orientar e dar un sentido educativo á educación infantil fai necesario facer explícitos os principios metodolóxicos que deben enmarcar a acción pedagóxica neste ciclo. A continuación aparecen resumidas as orientacións que eu considerei importantes no proceso de ensinanza-aprendizaxe cos nosos alumnos:

Os materiais curriculares axeitaranse aos tipos de contidos, ás características e necesidades específicas de cada contexto educativo e, consecuentemente, ás características individuais do alumnado.

Será necesario organizar o tempo baixo presupostos de flexibilidade, de xeito que permitan ao profesorado adecualo ás características das tarefas.

Page 6: Presentación tâche 2

É imprescindible destacar a importancia do xogo como actividade propia desta etapa, xa que as cativas e os cativos, manifestan a través desta actividade lúdica as súas vivencias e experiencias e van afondando en novos niveis de relación e de interacción.

Para poder atender á diversidade do alumnado e á aprendizaxe de contidos de distinta natureza, organizaranse diversas formas de agrupamento tendo en conta as potencialidades de cada unha delas:

-O gran grupo -O grupo pequeno -A actividade individual

Page 7: Presentación tâche 2

A lingua estranxeira debe basearse no principio do que é a aprendizaxe en educación infantil: o enfoque globalizado e integrador das aprendizaxes. Integrarase, desde un punto de vista lúdico e partindo do traballo en grupo, non só na área Linguaxes: comunicación e representación como as linguas ambientais, senón a través de todas as áreas.

Deben iniciarse na aprendizaxe da nova lingua a través da imitación e repetición de sons, palabras e enunciados significativos sempre cunha intención lúdica.

Page 8: Presentación tâche 2

A comprensión e a expresión oral deben ser o punto de partida para o ensino da primeira lingua estranxeira, que o alumnado ten que aprender de maneira natural e a través do xogo, escoitando, practicando e participando o maior tempo posible coa primeira lingua estranxeira.

Estableceranse unhas rutinas como marco de referencia para desenvolver as actividades que se van realizar durante as sesións, posto que os nenos e nenas se senten máis seguros cando coñecen o ambiente en que se moven.

Page 9: Presentación tâche 2

REFLEXIÓNSPara a realización da tâche 2 seguín as intruccións indicadas

polo profesor, ademais das consultas ó Decreto 330/2009 e á Orde do 25 de xuño do 2009.

A maior dificultade que atopei foi escoller os obxectivos e contidos que ía a traballar e que estes tiveran relación e concordancia entre eles. Atopei tamén dificultades á hora de elixir as capacidades adecuadas, xa que había un amplo abanico de opcións.

Page 10: Presentación tâche 2

As competencias que creo que traballei con esta tarefa foi sobre todo a de coñecer mellor o currículo de Educación Infantil, e tamén a competencia de planificar tanto obxectivos como contidos para unha futura Unidade Didáctica.

En xeral, viume bastante ben a realización de esta tâche para ler e comprender partes do currículo que nunca lera. Concretamente a parte de orientacións metodolóxicas e a parte do ensino dunha lingua estranxeira en E.I. Tamén para familiarizarme máis con contidos e obxectivos do currículo e atopar unha concordancia entre eles para acadar os fins desexados.

Page 11: Presentación tâche 2

AU REVOIR!

Merci pour votre attention