20
REVISTA ANUAL Aquí vos imos a amosar un pequeno resumo dalgúns dos mellores momentos e tamén das mellores imaxes que se foron recollendo ao longo deste curso que agora remata. Queremos que esta revista sexa unha mostra que recolla parte do traballo feito, e á vez sexa tamén unha galería gráfica que nos axude a gardar na lembranza as vivencias deste ano que se nos vai co vento. Agardamos que vos resulte gratificante compartir con nós esta viaxe no tempo e que no vindeiro curso se repita todo o bo vivido, así como que ademais, sexamos capaces de mellorar un chisquiño máis. O Ceip de San Clodio tivo un curso intenso O MELLOR DE TODO FOI ESTAR TODAS E TODOS XUNTOS E COMPARTIR CADA UNHA DAS EXPERIENCIAS DESTE ANO. OBRADOIROS DE COCIÑA CINE E CONTACONTOS CONVIVENCIAS.... ANDURIÑA

Revista anduriña. pdf

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Revista anduriña. pdf

R E V I S T A A N U A L

Aquí vos imos a amosar un

pequeno resumo dalgúns dos mellores momentos e

tamén das mellores imaxes

que se foron recollendo ao

longo deste curso que agora

remata.

Queremos que esta revista

sexa unha mostra que recolla parte do traballo

feito, e á vez sexa tamén

unha galería gráfica que nos

axude a gardar na

lembranza as vivencias deste ano que se nos vai co vento.

Agardamos que vos resulte

gratificante compartir con nós esta viaxe no tempo e

que no vindeiro curso se

repita todo o bo vivido, así

como que ademais, sexamos

capaces de mellorar un chisquiño máis.

O Ceip de San Clodio tivo un curso intenso

O MELLOR DE TODO FOI ESTAR TODAS E TODOS XUNTOS E COMPARTIR CADA UNHA DAS EXPERIENCIAS DESTE ANO.

OBRADOIROS DE COCIÑA CINE E CONTACONTOS CONVIVENCIAS....

ANDURIÑA

Page 2: Revista anduriña. pdf

FOTOS CHULAS DESTE CURSO

XOGOS, TRABALLOS INTERNIVEIS, OBRADOIROS, DELICIAS CULINARIAS, VIAXES... TODO ISTO E MOITO MÁIS. ACOMPAÑADOS DE GRANDES PROFESIONAIS E BOS AMIGOS, SON OS MELLORES INGREDIENTES PARA QUE O DÍA A DÍA RESULTE POSITIVO, AGRADABLE E DIVERTIDO PARA TODAS E TODOS OS QUE PASAMOS POLO COLEXIO DE SAN CLODIO. E SEN LUGAR A DÚBIDAS É O SEGREDO DE CALQUERA ÉXITO.

GrandesSorrisos!

Page 3: Revista anduriña. pdf

TODOS ESTES SOMOS NÓSUn ano de reencontros e novas amizades

TRES GRUPOS, TRES EQUIPOS E EN TOTAL TRINTA E TRES TRASNIÑOS MARAVILLOSOS FORMAMOS ESTE ANO O TOTAL DO ALUMNADO.

Empezamos presentándonos por que somos moito máis que un grupo de nenas e nenos. Xa que o primeiro que hai que dicir é que, en realidade, somos 33 personas únicas, todas elas extraordinarias, especiais en moitos sentidos, diferentes entre nós e ao mesmo tempo irrepetibles, e dende logo maravillosas.

Cánto vivido e

cánto aprendido !

Agora que se vai achegando o

final de curso e todos os

grupos van a cambiar e

evoluc ionar de cara ao

vindeiro ano, queremos facer dende aquí unha recollida dos

mellores momentos, traballos

e vivencias, para lembrar o

vivido xunto e quedarnos co

mellor de todo o pasado.

INFANTIL

FERNANDO, LEO, HUGO, CARLA B. ,ERIK, CARLA V., IKER, ANXO, DIEGO, MARCOS, DANIEL, NOA,

HÉCTOR, LARA E AINARA, COA PROFE ANA.

1º GRUPO

LÚA, RODRIGO, HUGO, ANDREA, JUANJO, FABIÁN, ALEX, BRAN, LENA, XOEL E MARTA CO PROFE ISIDRO.

2º GRUPO

IVÁN, ZAIDA, ALEX, LUCÍA, ISAAC, SUEVIA E MANUEL COA PROFE MÓNICA.

Page 4: Revista anduriña. pdf

SAMAÍN OU HALLOWEEN EN CONVIVENCIA CON VILAMARTÍN

CABAZAS, XOGOS

E CONTOS DE MEDO

CABAZAS MONSTRUOSAS

CONTOS MOSTRUOSOS

LUGARES ARREPIANTES

CONCURSOS CABACEIROS

CONVIVENCIA CO COLE DE VILAMARTÍN POLO SAMAIN

POLO TEMPO DO SAMAIN O MEDO É O PROTAGONISTA PRINCIPAL. ASÍ QUE PARA ESPANTALO NADA MELLOR QUE XOGAR E BUSCAR A MAIOR DIVERSIÓN POSIBLE, EN FAMILIA, FACENDO CABAZAS MONSTRUOSAS OU DISFRAZÁNDONOS E XOGANDO COS AMIGOS.

UUUUUH!....

Page 5: Revista anduriña. pdf

THANKSGIVEN-DAY

C o ñ e c e r e l e m e n t o s importantes doutras culturas forma parte da nosa formación

en Língua extranxeira.

Grazas ás nosas Teachers Mónica e a Xana puidemos aprender moito sobre o “Día de

Acción de Gracias” nos Estados Unidos de América.

O mellorciño de todo foi a

degustación dun especialísimo menú tradicional, elaborado por Javier, o mellor cociñeiro do

mundo, no noso comedor en colaboración coas teachers.

Grazas a todos é un luxo poder contar con vós.

XA QUE NO THANKSGIVEN-DAY O PAVO É ÚN DOS ELEMENTOS PRINCIPAIS, XOGAR A CONSTRUÍR UN FALANDO EN INGLÉS PARECEUNOS O MÁÍS APROPIADO.

VERDADE QUE QUEDOU CHULO?

Uuumm!jaaaaaammy!

Ufffff!Como queima!. Espero que

non se torrase.....

Page 6: Revista anduriña. pdf

POSTAIS DE NADAL

E chegou o Nadal... Despois dun intenso trimestre de traballo, veu a merecida recompensa: o festival de Nadal, e as vacacións!!

Entre todos e todas deixamos o cole ben engalanado: a árbore, as postais, os nosos debuxos... Ata fixemos turrón e trufas de chocolate, que ben sabían!

AINARA ALEX B. ALEX F. ANDREA ANXO

BRAN CARLA V. DANIEL DIEGO ERIK

FERNANDO HUGO IKER ISAAC

JUANJO LARA LENA

ISAAC

LEO LUA

LUCIA MARCOS MARTAMANUEL NOA

SUEVIA XOEL ZAIDA

Page 7: Revista anduriña. pdf

FESTIVAL DE NADAL

Este ano pasámolo x e n i a l : c a n t a m o s , tocamos, actuamos e rimos moito. Non collía unha agulla no ateigado auditorio da Casa do Concello, e non quedou dúbida de que os nenos e nenas de San Clodio somos uns artistas!!

UUUIII!

QUE NERVOS!

Page 8: Revista anduriña. pdf

TRABALLO EN EQUIPO NO DÍA DA PAZ

Pensamos que non hai mellor educación para a Paz e a xustiza que a solución razoada dos pequenos conflictos que xurden na escola, vivir a maravillosa satisfacción por o coidado da amizade entre todos os membros da comunidade educativa, así como do intercambio de opinións a través do diálogo e as vivencias en común. Porque esta, ao noso parecer, é unha das mellores maneiras de ser unha boa persona. E sabemos que traballar en equipo é unha moi boa estratexia para logralo.

DÍA DA PAZ

0 30 de Xaneiro de 2015 no CEIP DE SAN CLODIO, celebramos o día da paz, entre todos os membros do colexio. O traballo consistiu na realización dun mural, co obxectivo de potenciar un valor tan importante como é o da Paz.

A celebración de debandito día é interesante. Débese de realizar todos os anos, porque a parte de ensinar un valor tan importante, os nenos tamén coñecen a maior figura da PAZ, como foi GHANDI, entre outros.

Ese día falamos sobre a importancia de saber compartir, de non discriminar por diversos motivos, e de resolver todos os conflictos coa diplomacia, a concordia, o agarimo, o amor e resolver os problemas falando sin ter que usar a violencia.

Page 9: Revista anduriña. pdf

DÍA DO LIBROLECTURAS EN BOA COMPAÑA A CARÓN DO RÍO SIL.

O DÍA DE ROSALÍA CONTACONTOS

Que amamos os contos é ben sabido, pero que aínda nos gusta mais escoitalos ben contados, é unha gran verdade. Este curso puidemos disfrutar dun par de días especias cuns contacontos na escola e ao lado do Sil, grazas á colaboración do concello e ao Consorcio editorial galego a quen lles estamos moi agradecidos.

Para homenaxear a autora no seu día adeamis de escoitar os seus poemas musicados Por Amancio Prada, tamén fixemos un recitado do poema da autora “Castellanos de castilla”, o cal nos podedes escoitar se visitades o blog da nosa biblioteca

Page 10: Revista anduriña. pdf

Este ano o Entroido foi moi especial. Ademais de festexar o Xoves de Compadres e de Comadres como manda a tradición, durante toda a semana tivemos que facerlle caso ao Meco e vir vestidos como nos ía pedindo. Foi ben divertido!

Mirade que ben lle fixemos caso...

Tamén axudamos un pouquiño a coidar do noso planeta, pois os nosos disfraces foron feitos tan so coa nosa imaxinación e máis todo o que atopamos pola casa para poñernos así de guapas e guapos...

INMELLORABLE!!

O ENTROIDO

AS PERSONAXES

O MECO

COMPADRES

COMADRES

XOGOS DE ENTROIDO

O TEMPO DE ENTROIDO É UNHA DAS ÉPOCAS MÁIS DIVERTIDAS E COLORIDAS DO CURSO E ONDE A DIVERSIÓN SE VOLVE OBRIGATORIA

Page 11: Revista anduriña. pdf

AS MELLORES IMAXES DO ENTROIDO

OS OBRADOIROS DE ENTROIDO EN FAMILIA FIXERON POSIBLE QUE ESTE ANO PUIDÉSEMOS DISFRUTAR DUNHA ESTUPENDA GAMA DE COMPADRES E COMADRES.

GRAZAS FAMILIAS. SODES UNHAS ARTISTAS!.

ESTO SI QUE MOLA!

Page 12: Revista anduriña. pdf

LETRAS GALEGAS E CÓMICS EN GALEGO

ESTE CURSO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS DENDE A BIBLIOTECA PROPÚXOSE UN OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA CUNHA ACTIVIDADE DE TRABALLO EN EQUIPOS COLABORATIVOS PARA A ELABORACIÓN DE COMICS EN GALEGO. E ESTES SON OS NOSOS TRABALLOS RAMATADOS E EXPOSTOS.

EN GALEGO, SIIIII!

Page 13: Revista anduriña. pdf

Mentres non chegaban estivemos xogando no pavillón, coma se fose un recreo. Cando chegaron fomos recibilos, os directores de cada colexio deron un discurso. Cando remataron o discurso acompañamos aos nosos novos amigos a deixar as cousas na clase. Este ano xogamos a xogos tradicionais, que forón os seguintes:

•• A chave. - A rá. - Zancos. - A

goma. -A mariola.• Carreira de sacos. - O aro. -Os

bolos. -A comba. - Os bolos castrexos.

Na comida de media mañá déronnos a escoller entre: uvas, melón e fresas; tamén nos deron auga. No recreo xogaron, a maioría, ao fútbol. Pero, algúns, tamén xogamos ao baloncesto e repetimos os nosos xogos tradicionais

favoritos. Despois do recreo xogamos aos xogos tradicionais que nos faltaban por probar.Na comida tiñamos que levar un número de amigos para que se sentarán ao noso carón. Para comer había:

1º Ent$antes   )íos   (xamón,   queixo,   lombo,  

mor7adela  con  aceit:nas  e  salchichón).

2º Empanada  (había  a  escoller  de   zorza,  de  car@e  

ou  de  atAn)  con  ensalada.

Sobremesa Xeado  ou   )oita  (melón,  )esas  ou  

uvas).

Despois de comer houbo outro recreo e xogaron ao fútbol. Tamén houbo quen quixo repetir algún xogo tradicional ou falar co seu novo amigo ou amiga. No clásico partido Pobra-San Clodio empatarón (2-2). Despois deste recreo

fixemos unha foto colectiva e despedímonos.

Zaida Alves. 6º Primaria

CONVIVENCIA CON POBRA DO BROLLÓN

OS XOGOS

A MARIOLA

O ARO

OS SACOS

E MOITOS OUTROS. . .

NUNHA CONVIVENCIA O MÁIS IMPORTANTE É COÑECER XENTE NOVA E FACER AMIGOS. E PARA ISO, NADA MELLOR QUE COMPARTIR OS NOSOS XOGOS TRADICIONAIS E INTERCAMBIAR AGASALLOS.

PREPARADOS, LISTOS... A XOGAR!

Page 14: Revista anduriña. pdf

VIAXE DE F IN DE CURSO AO C ASTELO DE C ASTRO C ALDELAS

ESTÁ A REMATAR O CURSO E NÓS QUEREMOS APROVEITAR TODO O TEMPO QUE POIDAMOS PASAR ACOMPAÑADOS DOS AMIGOS E AMIGAS DO COLE. ASÍ QUE, PARA TER UNHA EXPERIENCIA CONXUNTA, QUE DEIXE NA NOSA MEMORIA FERMOSAS LEMBRANZAS, DECIDIMOS FACER UNHA VIAXE.

UALAAA....!UNHA VIAXE NO TEMPO!

Page 15: Revista anduriña. pdf

COMIDA E XOGOS NO PARQUE DE CASTRO CALDELAS

EN CANTO REMATAMOS DE COMER SAÍMOS DISPARADOS A DISFRUTAR DOS XOGOS DO PARQUE. SEICA TIÑAMOS POUCO TEMPO ANTES DE VOLTAR A SAN CLODIO.

O pasado venres, 29 de maio desprazámonos a Castro Caldelas en viaxe de estudos para coñecer este concello, que aínda que está na provincia de Ourense atópase moi preto de Ribas de Sil se imos pola estrada de A Moá.

Como eramos cerca de corenta as persoas que participabamos nesta expedición tivemos que levar un autobús grande co cal non é moi aconsellable ir por A Moá, polo que fomos por Monforte de Lemos.

Logo dunha hora e vinte minutos de traxecto chegamos a Castro Caldelas, e agardamos nunha paza a ser recibidos por uns personaxes ben curiosos que nos convidaron a coñecer a localidade pero no ano 1495.

Guiados por un frade dominico, o pai Damián fomos descubrindo o lugar e atopándonos con diferentes personaxes como unha muller de non moi boa fama (dicían que era ladroa) ou un físico.

O percorrido rematou no castelo de Castro Caldelas onde fomos testemuñas dunha exhibición de animais salvaxes. Tivemos a oportunidade de ver moi de preto cernícalos, falcóns, bufos, curuxas, tarántulas, cascudas.. Algúns eran algo arrepiantes!

Cando rematou a exhibición fixemos un percorrido polas instalacións do castelo onde se atopa un museo histórico e etnográfico.

Logo de comer e xogar volvemos ao autobús para regresar a San Clodio.

Page 16: Revista anduriña. pdf

CONVIVENCIA EN QUIROGA

LOGO DUNHA PEQUENA VIAXE GRATUITA EN BUS CON SEVERO, BAIXAMOS NO COLE DE QUIROGA. FOI UNHA MAÑÁ DE VIVENCIAS TREPIDANTES, MONTAMOS NAS MOTOS E COCHES DA GARDA CIVIL E O SEPRONA, FIXEMOS SOAR AS SEREAS, PROBAMOS OS SEUS TRAXES E CASCOS, COÑECÉMOLOS UN CHISCO MÁIS E FALAMOS CON ELES...

LOGO COMPARTIMOS ALGÚNS XOGOS COAS NENAS E NENOS DE INFANTIL DE QUIROGA E OS PROFES. E TAMÉN UNHA PEQUENA MERENDIÑA QUE NOS TIÑAN PREPARADA. SOBRE TODO FOI UN PRACER ESTAR CON ELES.

GRAZAS A TODAS E TODOS!.

A QUE ESTARÁ ESPERANDO PARA

ARRANCALA?.....

Page 17: Revista anduriña. pdf

DÍA DA ÁRBORE

O ACIVRO QUE PRANTAMOS

O 1º PREPARAR O BURATO

O 2º PRANTAR

UN NOME: “PINCHIÑOS”

O 3º REGAR

LECTURAS APADRIÑADAS NA NOSA BIBLIOTECA

Page 18: Revista anduriña. pdf

PASATEMPOS PARA O VERÁN

OS NOSOS BLOGS:

INFANTIL:aventureirosdeinfantil.blogspot.com.es

BIBLIOTECA:abibliotecadomeucole.blogspot.com.es

NESTA PÁXINA PODEDES ATOPAR ALGÚNS PASATEMPOS QUE IDEARON AS NENAS E NENOS DE SANCLODIO, PARA FACELOS PODEDES IMPRIMILA.

TAMÉN VOS RECOMENDAMOS VISITAR EN INTERNET OS BLOGS DO NOSO COLE, ONDE ATOPAREDES DE SEGURO, MOITO MÁIS QUE VER E DISFRUTAR.

ENCRUCILLADO

LABIRINTO

Page 19: Revista anduriña. pdf

Vanse os de 6º, Adeus amigos

Gustoume estar con vós, sodes as mellores persoas que coñecín, pero, chegou o adeus.Agora xa non estaredes no colexio, non iredes moi lonxe, pero recordade que sempre teredes as portas abertas para facernos unha visita.

Dedicado a os de sexto Suevia

PALABRAS E IMAXES QUE QUEREMOS REGALARVOS PARA QUE AS LEVEDES SEMPRE CON VÓS.

MUUUUAC!....

SOMOS OS MELLORES!....

Page 20: Revista anduriña. pdf

DESPEDIDA DOS DE SEXTO

PARA OS DE SEXTO

Sabemos que vos vamos volver a

ver, pero queremos escribir esta

carta por a situación que vai

pasar. Vádesvos do colexio, e

danos moita pena porque non nos

riremos máis con Iván, non

teremos máis anécdotas con

Zaida, nin nos molestaremos con

Alex... Pero fóra do colexio si.

Esperamos que no instituto de

Quiroga fagades novos amigos,

aprendades novas cousas e que

estudiedes moito. Un bico e un

abrazo moi forte de parte de

todos os alumnos do CEIP de San

Clodio, e nos tedes que facer

unha visita!.

Manuel, Isaac, Lucía e Suevia.

Remata un curso e tamén unha etapa para estes nosos mociños

AMIGOS XA VOS VADES.

DENTRO DE POUCO NOS

VEREMOS.

E CANDO CHEGUE A HORA

NÓS TAMEN NOS IREMOS.

UN POUCO MÁIS E XA NOS

VEREMOS.

SABEMOS QUE VOS

BOTAREMOS DE MENOS.