48
X O S É F I L G U E I R A V A L V E R D E L L E E T T R R A A S S G G A A L L E E G G A A S S 2 2 0 0 1 1 5 5 C C . . E E . . I I . . P P . . M M O O N N T T E E M M O O G G O O S S B B E E L L U U S S O O SEGUNDA ÉPOCA: Nº 21

Revista fiadeiro 14 15

  • Upload
    moibon

  • View
    53

  • Download
    9

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Revista fiadeiro 14 15

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

LLLEEETTTRRRAAASSS GGGAAALLLEEEGGGAAASSS 222000111555 CCC...EEE...III...PPP... MMMOOONNNTTTEEEMMMOOOGGGOOOSSS

BBBEEELLLUUUSSSOOO

SEGUNDA ÉPOCA: Nº 21

Page 2: Revista fiadeiro 14 15

ÍÍNNDDIICCEE EEDDIITTOORRIIAALL..

TTRRAABBAALLLLOOSS DDEE IINNFFAANNTTIILL..

TTRRAABBAALLLLOOSS DDOO PPRRIIMMEEIIRROO CCIICCLLOO..

PPRRIIMMEEIIRROO CCUURRSSOO..

SSEEGGUUNNDDOO CCUURRSSOO..

TTRRAABBAALLLLOOSS DDOO SSEEGGUUNNDDOO CCIICCLLOO..

TTEERRCCEEIIRROO CCUURRSSOO..

CCUUAARRTTOO CCUURRSSOO..

TTRRAABBAALLLLOOSS DDOO TTEERRCCEEIIRROO CCIICCLLOO..

QQUUIINNTTOO CCUURRSSOO..

SSEEXXTTOO CCUURRSSOO..

TTRRAABBAALLLLOOSS DDEE MMÚÚSSIICCAA..

TTRRAABBAALLLLOOSS DDOO DDEEPP.. OORRIIEENNTTAACCIIÓÓNN..

Page 3: Revista fiadeiro 14 15

EDITORIAL

PEZA DE TEATRO:

”OS CIENTÍFICOS DE MONTEMOGOS”

A escena transcorre no laboratorio do Colexio Montemogos entre uns prestixiosos científicos.

(Volta chega ao laboratorio para presentar o seu novo invento.)

VOLTA (Manuel): Ao fin vouvos presentar o meu invento: a pila de Volta. Este maxestoso invento xera electricidade.

STEPHEN HAWKING (Darío): E como funciona?

VOLTA (Manuel): Esta pila produce unha reacción electroquímica na que o cobre cede electróns á disolución e o cinc gánaos. Ao mesmo tempo, o cinc disólvese e prodúcese gas hidróxeno na superficie do cobre.

(Agora xa todos os científicos falan sen orden nin concerto)

STEPHEN HAWKING (Darío): Que Isaac Newton, acabaches co experimento?

ISAAC NEWTON (Dani): Xa case acabei.

GALILEO GALILEI (Agustín): Xa estades a berrar!

BENJAMIN FRANKLIN (Carla): Eu xa estou rematando e iso que empecei máis tarde.

DMITRI MENDELEIEV (Hugo): Eu estou no laboratorio descubrindo unha receita química e de súpeto bota un fume moi escuro. Chamo aos demais científicos e empezamos a analizar os compoñentes para saber que pasara pero non caiamos da burra ata que Einstein (Bruno) topou a solución e foino contar á televisión.

ARISTÓTELES (Carlota): Vamos a descubrir algo novo!!! Terra, auga, aire, lume,...temos que pensar.

ROSALIND FRANKLIN (Andrea): Son física e descubrín o ADN. Eu son mellor ca ti Aristóteles que gañei un Premio Novel.

ARISTÓTELES (Carlota): Pois eu voume para Grecia e ti quédate aquí en Beluso.

HIPATIA DE ALEXANDRIA (Uxía): Nacín no 380 na cidade fundada por Alexandro, Alexandría, cidade situada na desembocadura do Nilo e que substituíu a Atenas como centro da ciencia grega. Xunto ao Faro de Alexandría, unha das marabillas do mundo, aportei ideas orixinais aos traballos matemáticos anteriores. Imparto clases de matemáticas e astronomía.

Page 4: Revista fiadeiro 14 15

SUSANA PAZ DÍAZ (Autora do PDF “As mulleres na Historia das Matemáticas”) (Alexandra): Eu son boa matemática e dende pequena gústanme os números.

MARIE CURIE (Clara): Nacín en Varsovia (Polonia) e agora, despois de estar en Francia, estou aquí en Montemogos e coa axuda dos meus amigos e amigas estou descubrindo a radiación,o polonio e o radio.

JANE GOODALL (Ainara): Nacín en Londres no 1934 e agora investigo sobre os chimpancés.

EMNY NOETHER (Elisa): Eu, xudía alemá, estou aprendendo máis sobre as matemáticas, cousa que me encanta!!!

HANS CHRISTIAN OERSTED (Iria): Nacín en Dinamarca e no colexio de Beluso investigo que teñen en relación a electricidade e o magnetismo.

DOROTHY HODGKIN (Ana): Eu son de Exipto e no noso laboratorio estudo a “estrutura” da penicilina. Marchando a experimentar!

MARIE CURIE (Clara): Quen sodes vós?

GALILEO GALILEI (Agustín) e ERATÓSTENES (Mario): Somos Eratóstenes e Galileo Galilei.

MARIE CURIE (Clara): E sabedes algo sobre a ciencia?

ERATÓSTENES (Mario): Eu son matemático, astrónomo e xeógrafo e Galileo é astrónomo, filósofo, matemático e físico.

MARIE-SOPHIE GERMAIN (Sofía): Son unha matemática francesa e destaco polas miñas achegas á teoría dos números. Nacín no 1776.

SUSAN JOSECYN BERRBURNELL (Claudia): Nacín en Belfast, Irlanda. Son a maior de catro irmáns. Licencieime en Física pola Universidade de Glasgow en 1965.

MARY FAIRFAIX SOMERVILLE (Teresa): Estou buscando ás matemáticas pois son nova neste laboratorio.

BENJAMIN FRANKLIN (Carla): Quere saber algo sobre o laboratorio?

MARY FAIRFAIX SOMERVILLE (Teresa): O único que quería saber é onde están as miñas compañeiras pois son matemática.

BENJAMIN FRANKLIN (Carla): Pódeme explicar algo do seu traballo?

MARY FAIRFAIX SOMERVILLE (Teresa): Gústame ler, coñecín a grandes matemáticas, pois viaxei por París e en 1834, “A conexión das ciencias físicas” e tamén “Xeografía física” que é un libro de texto.

BENJAMIN FRANKLIN (Carla): Estou dando clases neste laboratorio e interesaríame ese libro. Virá traballar coas súas compañeiras para conseguir a Medalla de Ouro da Real Sociedade Xeográfica e Sofhie poderá axudala. Vaia por aquela porta!

Page 5: Revista fiadeiro 14 15

MICHAEL FARADAY (Martín): Inventei o motor eléctrico, a indución electromagnética e a gaiola de Faraday. Tamén inventei os pos de talco...

MARY FAIRFAIX SOMERVILLE (Teresa): Xa están inventados...

MICHAEL FARADAY (Martín): Que me deixen acabar! Os pos de talco con poderes. Ao entrar en contacto con eles o teu corpo vólvese corenta anos máis xoven, así poderemos tratar aos científicos máis vellos e aos mortos. Que risa!

STEPHEN HAWKING (Darío): Os vivos e os mortos vanse unir á Organización de Científicos Xoves? Iso é o que insinúas... E JOCELYN BELL (Iris) a física, onde anda?

OS MESTRES DO COLEXIO: CALARÁN ESTES CIENTÍFICOS!!!

Page 6: Revista fiadeiro 14 15

MATEMÁTICOS

FÍSICOS

QUÍMICOS

METEORÓLOGOS

ASTRÓNOMOS

PALEONTÓLOGOS

ZOÓLOGOS

OCEANÓGRAFOS

Page 7: Revista fiadeiro 14 15

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN:

PEQUENOS METEORÓLOGOS

DENDE O INICIO DO CURSO LEVAMOS UN REXISTRO DO TEMPO QUE FAI EN

BELUSO. OS DATOS RECÓLLENSE TODOS OS DÍAS AS 9.30 H. APROXIMADAMENTE

E SÓ NOS DÍAS QUE TEMOS CLASE.

1-PREPARARAMOS MURAIS PARA A RECOLLIDA DE DATOS. CADA MURAL TEN UN CADRADO CON: SOL, NUBES E SOL, NUBES, CHOIVA, VENTO, VENTO E CHOIVA, TORMENTA E MOITO FRÍO. CADA DÍA PEGAMOS UN GOMET.

2-OBSERVAMOS E COMPARAMOS DENTRO DO

MESMO MES O TEMPO QUE FIXO E COS

OUTROS MESES

PRIMEIRO COAS PEZAS DE

CONSTRUCIÓN

LOGO COLOREANDO EN

TÁBOAS

POR ÚLTIMO, GARDAMOS

A INFORMACIÓN NO

ORDENADOR.

3-EXAMINAMOS OS

DATOS:

4º E. I.

Page 8: Revista fiadeiro 14 15

OS DINOSAURIOS

( )

Page 9: Revista fiadeiro 14 15

5º Ed. Infantil

Page 10: Revista fiadeiro 14 15

OBSERVAMOS

A

NATUREZA

6º Educación Infantil

APRENDEMOS

A

RESPETALA

Page 11: Revista fiadeiro 14 15
Page 12: Revista fiadeiro 14 15

FLORES

DOS NOSOS

XARDÍNS

OS XARDÍNS DAS CASAS

DE BELUSO TEÑEN

PLANTAS E FLORES

PRECIOSAS. AQUÍ VOS

DEIXAMOS A FOTO E O

NOME DALGUNHAS QUE

CHEGARON Á NOSA CLASE

6º E. INFANTIL

Page 13: Revista fiadeiro 14 15

O SISTEMA SOLAR

Neste curso os alumnos e alumnas de 1º de Primaria tivemos que estudar sobre o día e a noite, as fases da lúa, as estacións, e decidimos buscar máis información sobre o Sistema Solar: en diferentes páxinas de internet, vimos moitas fotografías, fixemos debuxos... e este pequeno resumo de toda a información que atopamos.

O Sistema Solar é un sistema ou grupo de planetas que xiran arredor do Sol no que se atopa a Terra. Consiste nun grupo de corpos astronómicos que xiran nunha órbita, grazas ao efecto da gravidade, arredor dunha única estrela coñecida como o Sol da que obtén o seu nome.

Page 14: Revista fiadeiro 14 15

O noso Sistema Solar formouse hai uns 4600 millóns de anos a partires do colapso dunha nube molecular que o creou. O material residual orixinou co tempo unha serie de procesos físicos, a formación dos planetas. Na actualidade está situado nun Brazo de Orión, dentro da galaxia espiral Vía Láctea.

A Lúa é o único satélite natural da Terra. A Lúa xira arredor dun eixe (rotación) en aproximadamente 27,32 días (mes sidéreo) e se traslada arredor da Terra (traslación) no mesmo intervalo de tempo, de aí que sempre nos mostre a mesma cara. Ademáis, o noso satélite completa unha revolución relativa o Sol en aproximadamente 29.53 días (mes sinódico), período no cal comeza a repetirse as fases lunares.

Os instantes de saída, tránsito e posta do Sol e da Lúa están relacionados coas fases. A Lúa se traslada arredor da Terra en sentido directo, en dirección leste. Como o Sol se move 1 grao por día cara o Leste, a Lúa atrasa diariamente a súa saída respecto á do Sol uns 50 minutos.

A Lúa xira arredor da Terra aproximadamente unha vez ao mes. Se a Terra non xirara nun día completo, sería moi fácil detectar o movemento da Lúa na súa órbita. Este movemento fai que a Lúa avance arredor de 12 graos no ceo cada día.

Se a Terra non rotara, o que veríamos sería a Lúa cruzando a bóveda celeste durante dúas

Page 15: Revista fiadeiro 14 15

semanas, e logo iríase e tardaría dúas semanas (estaría ausente), durante as cales a Lúa sería visible no lado oposto do Globo.

Sen embargo, a Terra completa un xiro cada día, mentras que a Lúa móvese na súa órbita tamén cara ao leste. Así, cada día lle toma a Terra arredor de 50 minutos máis para estar fronte a Lúa novamente (o cal significa que nós podemos ver a Lúa no Ceo.) O xiro da Terra e o movemento orbital da Lúa combínanse, de tal sorte que a saída da Lúa retrásase da orde de 50 minutos cada día.

Page 16: Revista fiadeiro 14 15

Os movementos da Terra

A Terra non se atopa en reposo con respecto ao Sol senón que está en continuo movemento. Os principais movementos da Terra son os movementos de rotación, traslación, precesión e nutación.

A Terra desprázase, co resto de planetas e corpos do Sistema Solar, xirando arredor do centro da nosa galaxia, a Vía Láctea. Sen embargo, este movemento afecta pouco á nosa vida cotiá.

Movemento de rotación: É un movemento que efectúa a Terra xirando sobre si mesma ao longo dun eixe imaxinario denominado Eixe terrestre que pasa polos seus polos. Unha volta completa, tomando como referencia as estrelas, dura 23 horas con 56 minutos e 4 segundos e se denomina día sidéreo. Se tomamos como referencia o Sol, o mesmo meridiano pasa fronte a nosa estrela cada 24 horas, chamado día solar. Os 3 minutos e 56 segundos de diferenza débense a que nese prazo de tempo a Terra avanzou na súa órbita e debe de xirar algo máis que un día sideral para completar un día solar.

Page 17: Revista fiadeiro 14 15

Movemento de Traslación: A Terra e a Lúa xiran xuntas nunha órbita elíptica arredor do Sol. A excentricidade da órbita é pequena, tanto que a órbita é prácticamente un círculo. A circunferencia aproximada da órbita da Terra é de 938.900.000 km e o noso planeta viaxa ao longo dela a unha velocidade duns 106.000 km/h.

Ademáis destes movementos primarios, hai outros compoñentes no movemento total da Terra como a precesión dos equinoccios e a nutación, unha variación periódica na inclinación do eixe da Terra provocada pola atracción gravitacional do Sol e da Lúa.

1º Ed. Primaria

Page 18: Revista fiadeiro 14 15

Rata tola,

Ocupada está,

Comendo moito

Inventando e creando,

Os experimentos realizando.

Ruído que soa.

O polo que se mira.

Sabedoría que se aprecia.

As máquinas que se moven.

No laboratorio están,

As persoas que soñarán Clara é científica,

Ana fai un experimento,

Rocío regala un boneco,

Lara fai un xogo ao momento,

Ainhoa pinta un corazón.

Nervios da miña ciencia.

O que quero é experimentar

As cousas do Universo. Brais experimenta moito,

Recolle as probetas,

As mete nun carro

I as garda en casetas.

Sempre se anima moito. Inventando cousas novas

Nun laboratorio paso o tempo,

E vou descubrindo un mundo novo,

Sempre cheo de sorpresas.

Un día de inverno que

Xeaba moito

Inventei unha máquina do tempo.

Aquela levoume ao futuro.

Page 19: Revista fiadeiro 14 15

Calor do sol,

Amigo das estrelas,

Redondas coma unha col.

Lindo é amigos das cometas,

O ceo está contento.

Todo no universo

Alegre e inmenso. Xúntanse científicos para razoar

Os seus temores.

Seus experimentos axudan

E melloran todo o mundo Mentres da enerxía

Atravesan fantasías,

Números para abaixo e arriba.

Unha tolería!

Estrelas brillantes,

Luces afumantes Lúa chea

Alumea a noite e canda ela,

Unha estrela amiga que

Rara vez deixamos de ver

Alumeando nas noites escuras. Levo tempo agardando

A que chegue este momento,

Rematou a miña espera

Agora xa teño invento.

Xeadas no inverno,

Unha seca no verán,

Lembranzas vellas

Inda presentes.

Amigos novos con quen viaxar. Non me gusta a escuridade.

A miña nai acéndeme a luz.

Yupi! Xa podo ver,

Aínda que á miña idade

Rara vez me asusto,

A luz é o mellor invento. Ben listos que son

Remexendo sempre para atopar:

Experimentos, estudos, inventos.

Ideas tolas e xeniais

Xirando nas súas cabezas,

Onte, hoxe e mañá. Artistas en todos os temas:

Natureza, matemáticas, menciña.

Teorías novas sen parar.

Os nosos grandes científicos

Leriando sempre están.

Inventos e solucións

Nunca nos faltarán.

Page 20: Revista fiadeiro 14 15

Do reloxo nacen as horas.

Amañece un novo día.

Mirando no mar as ondas

Imaxino a túa ledicia.

Á praia chegaron as dornas

Navegando sempre soliñas Mirando cara ao ceo

Apareceu unha estrela,

Tiña cinco puntas

E cor amarela.

Oh, que bonita era Descubrindo o universo,

Apareceu un neno.

Víñame traendo un anaco de ceo.

Imaxinaba voar cara a outro lugar,

Díxome observar o meu fogar. Mesturando algunhas herbas,

Atopando un bo lugar,

Remexendo con paciencia,

Con coidado e sen parar,

Os segredos da ciencia

Seremos quen de atopar.

Misterio no ceo,

Infinitas estrelas,

Grandísimo universo.

Ubicámonos na terra

E nela

Lembramos a ciencia. Por que non cae o sol e os planetas?

E por que brillan tanto as estrelas?

Dar resposta a estas e outras cuestións,

Resolver os misterios da ciencia e

Os enigmas, son a miña paixón.

Lanza a ciencia

Un día tras outro,

Con moitos inventos

Impulso no traballo

Autor do meigallo.

Page 21: Revista fiadeiro 14 15

Caín nun lago de sabedoría

A carón do meu corazón.

Raiolas de ideas e ilusións,

Ledicia de facer a ciencia.

Anoto números, fago letras. Sinto a miña invención nas libretas.

A realidade vaise formando,

Non sei canto tarde en ser obxecto.

Todo se vai encadeando,

O debuxo, a forma.

Saleu a invención da miña ciencia. Agullas has de utilizar,

Nas puntas do ovo picar.

Auga e remollalo sae o ovo sen cascalo. Encontrámonos baixo terra,

Nacións soterradas.

Arqueólogos que buscan,

Rascan, limpan e lavan

Anforas, xoias e tesouros escarvados.

2º Ed. Primaria

Page 22: Revista fiadeiro 14 15

Johannes Gutenberg ( ? - 1468 )

Impresor

Crese que naceu en 1400 en Maguncia, onde se formou

como orfebre. Algúns anos despois trasladouse, xunto á

súa familia, a Estrasburgo. Chamado Gutenberg por un dos

apelidos da súa nai.

En 1438 asociouse con Andreas Dritzehn para levar a cabo

experimentos de imprenta. Cara a 1450 volveu á súa

cidade natal, na que se asociou co comerciante e

prestamista alemán Johann Fust, creando unha imprenta de

tipos móbiles moderna, e onde probablemente comezou a

imprimir a gran Biblia sacra latina, así como libros máis

pequenos. Terminou a Biblia de Gutenberg, a finais de 1456

e suponse que colaborou na súa realización Peter Schöffer,

xenro de Fust e aprendiz de Gutenberg.

En 1455 Fust entablou un preito contra Gutenberg

reclamándolle o diñeiro que investira na empresa polo que

o impresor viuse obrigado a ceder a súa participación na

mesma. Tras acabar con Fust, Gutenberg continuou

imprimindo, tanto en Maguncia como na cidade de Eltvile.

Page 23: Revista fiadeiro 14 15

Crese que ao final da súa vida quedou parcial ou totalmente

cego e que foi protexido polo elector Adolph von Nassau

quen o acolleu na súa corte proporcionándolle os medios

necesarios para vivir, alcanzando a apreciar a prodixiosa

difusión e importancia do seu invento.

Johannes Gutenberg faleceu o 3 de febreiro de 1468 na súa

cidade natal.

3º Ed. Primaria

Page 24: Revista fiadeiro 14 15

Thomas Alva Edison (1847-1931)

Inventor estadounidense.

Naceu o 11 de febreiro de 1847 en Milan (Ohio). Fillo dun

chamarileiro de orixe holandesa e unha institutriz.

Tan só asistiu á escola durante tres meses en Port Huron

(Michigan). A súa nai encargouse de darlle a formación

elemental. Cando Thomas tiña dez anos de idade, preocupouse

por proverlle de libros de ciencia, concretamente de física, e ata

de instalarlle un pequeno laboratorio de química no propio

fogar. Á idade de 12 anos comezou a vender xornais no tren

que facía o percorrido entre Port Duron e Detroit, mentres se

dedicaba no seu tempo libre á experimentación con imprentas e

con distintos aparellos mecánicos e eléctricos. Comprou unha

vella máquina de imprimir que atopou de ocasión, instalouna

nun tren e, coas noticias de que podía decatarse, fixo un xornal

para os viaxeiros. Nacía así o seu Weekly Herald. En 1862

publicou un semanario, o Grand Trunk Herald, impreso nun

vagón de mercancías que ademais lle servía como laboratorio.

Tras unha valerosa fazaña na que salvou a vida do fillo dun xefe

de estación, recompensáronlle coa realización dun curso de

telegrafía. Durante o seu traballo como operador de telégrafos,

creou o seu primeiro invento destacado, un repetidor

telegráfico, grazas ao cal podíase transmitir mensaxes

automáticamente a unha segunda liña sen que estivese

presente o operador. Tras algún tempo como operador de

telégrafos, Edison logrou un emprego en Boston

(Massachusetts) e dedicou todo o seu tempo libre á

investigación.

Page 25: Revista fiadeiro 14 15

Durante o seu traballo na compañía de telégrafos Gold and

Stock de Nova York, logrou mellorar os aparellos e os servizos

da empresa. Gañou 40.000 dólares vendendo accesorios

telegráficos e puido montar en 1876 o seu propio laboratorio.

Despois logrou un sistema telegráfico automático que melloraba

a calidade e rapidez de transmisión. O seu gran invento dentro

da telegrafía foi a creación dunhas máquinas que permitían a

transmisión simultánea de diversas mensaxes por unha liña,

que provocou o aumento da utilidade das liñas telegráficas

existentes. O invento de Edison do transmisor telefónico de

carbono foi moi importante para o desenvolvemento do

teléfono, que fora patentado recentemente polo físico

estadounidense Alexander Graham Bell.

En 1877 anunciou que inventara un fonógrafo a través do cal

podíase gravar o son nun cilindro de papel de estaño. En 1879

exhibiu públicamente a súa bombilla ou foco eléctrico

incandescente, o seu invento máis importante. Tivo un gran

éxito, polo que comezou o perfeccionamento das bombillas e

das dinamos para xerar a corrente eléctrica necesaria.

En 1882 desenvolveu e instalou a primeira gran central eléctrica

do mundo en Nova York. Con todo, máis tarde, o seu uso da

corrente continua viuse desprazado ante o sistema de corrente

alterna desenvolvido polos inventores estadounidenses Nikola

Tesla e George Westinghouse. Cinco anos despois trasladou a

súa fábrica de Menlo Park a West Orange (New Jersey) onde

creou un gran laboratorio de experimentación e investigación.

(A súa casa e o seu laboratorio foron convertidos en museo en

1955).

En 1888 inventou o kinetoscopio, a primeira máquina que

producía películas mediante unha rápida sucesión de imaxes

individuais. No ano 1883, Edison descobre un efecto que levará

o seu nome -efecto Edison-, consistente na emisión de electróns

polos metais incandescentes. Este chorro de electróns emitidos

por un filamento e recolleitos por unha placa será a base

Page 26: Revista fiadeiro 14 15

moldeable sobre a que se desenvolven as máis avanzadas

técnicas de radiodifusión e televisión. O principio xa será o

mesmo, ata o descubrimento do transistor que, dalgún modo,

seguirá o mesmo proceso.

As modificacións producidas pola luz e o son serán aplicadas a

ese chorro electrónico de forma tal que, a través del, sexan

convertidas de novo en sons ou imaxes luminosos nos nosos

receptores de radio ou televisión.

En 1915 foi nomeado presidente do Consello Asesor da Mariña

de Estados Unidos, cargo que lle permitiu realizar

descubrimentos valiosos. En total, creou máis de mil inventos.

En 1878 nomeáronno cabaleiro da Legión de Honor Francesa e

en 1889 comendador da mesma. En 1892 foi galardonado coa

Medalla Albert da Sociedade Real das Artes de Gran Bretaña e

en 1928 conseguiu a Medalla de Ouro do Congreso de Estados

Unidos "polo desenvolvemento e a aplicación de inventos que

revolucionaron a civilización no último século".

Thomas Edison faleceu en West Orange, New Jersey, o 18 de

outubro de 1931.

3º Ed. Primaria

Page 27: Revista fiadeiro 14 15

As nenas e os nenos de cuarto de Primaria queremos aproveitar este espazo no

¨Fiadeiro¨ para contarvos a nosa experiencia científica no Centro de Educación

Ambiental ¨Naturnova¨ da Fundación Abanca en Vigo.

Nesta visita puidemos: facer experimentos, viaxar virtualmente, tocar diferentes

materiais, observar vídeos, interactuar nos ordenadores, visualizar maquetas

móbiles, escoitar sons, ulir distintas substancias e, sobre todo, divertirnos

aprendendo moitas cousas.

En primeiro lugar, entramos nun submarino simulado e iniciamos unha viaxe

virtual en 3D polas profundidades da ría de Vigo.

Na ruta avistamos as especies mariñas máis comúns nas nosas rías: moluscos,

coma a lura, o polbo e o choco; crustáceos, coma a centola e o boi ; peixes, coma

a faneca, a raia, o linguado e o congro ; e mamíferos , coma o golfiño.

Page 28: Revista fiadeiro 14 15

A continuación, fomos á SALA I “ O UNIVERSO” , e xa na entrada observamos

unha representación do universo e outra da nosa galaxia “ A VÍA LÁCTEA” . Nun

ordenador puidemos coñecer como está formado o universo e descubrir

curiosidades sobre el como : onde nacen as estrelas, que é o Big Bang , como se

producen as chuvias de estrelas …

Nunha pantalla circular puidemos viaxar polo sistema solar e ver , por exemplo,

como estaban colocados os planetas o día do noso nacemento.

Logo, pasamos á SALA II ¨O NOSO PLANETA¨. Alí aprendemos a distinguir as

distintas partes da Terra: a hidrosfera (conxunto de todas as augas), a atmosfera

(capa de aire ) e a xeosfera ( capa sólida ); e comprendemos a importancia que

teñen todos estes compoñentes ( auga, aire e solo ) ,xunto cos seres vivos, no

noso Planeta.

Page 29: Revista fiadeiro 14 15

Nunha maqueta vimos a representación do CICLO DA AUGA : a evaporación da

auga da superficie do mar e a formación das nubes que, posteriormente,

descargan a auga en forma de chuvia para formar lagos e ríos que devolven,

finalmente, a súa auga ao mar.

Tamén observamos noutra maqueta como se forma un tornado.

Nun ordenador puidemos sobrevoar Galicia nunha viaxe virtual para localizar

lugares coma as illas Ons e Cíes, Pena Trevinca, A Lanzada…

Nun gran panel vimos diferentes seres vivos clasificados por tamaños, polo lugar

onde viven, por como se desprazan….

En canto ao solo, puidemos ver ao natural distintas rochas propias de Galicia : a

lousa, o granito…

Para rematar, visitamos a SALA III ¨O HOME E O SEU MEDIO¨.

Nada máis entrar, nun ordenador, podiamos seleccionar unha serie de impactos

que os seres humanos exercemos sobre o noso planeta e obtiñamos, nunha gran

pantalla, información sobre as consecuencias destes actos para o noso medio

ambiente.E ao lado aparecían varias medidas para solucionalas.

Noutro ordenador atopamos información sobre as extincións de diversos seres

vivos ao longo dos tempos, en moitas ocasións, producidas polos homes.

Noutra zona, presionando un botón e achegando o noso nariz, podiamos

percibir distintos olores desagradables e, a continuación, saía unha imaxe na que

se vía quen producía ese fedor.

Despois, nunha maqueta vimos que, grazas a luz recibida por unhas placas

solares, xenerabase enerxía eléctrica que facía mover un pequeno tren. Se

tapabamos as placas, o tren deixaba de moverse.

Ao lado había outra maqueta que, ao pulsar un botón, saía aire dun tubo que

facía mover as aspas dun pequeno muíño de vento, que transformaba esa

enerxía en electricidade, conseguindo acender unha lámpada.

Page 30: Revista fiadeiro 14 15

Nesta sala démonos de conta que cando os seres humanos para progresar

utilizamos os recursos da natureza, as veces sen control, ocasionamos efectos

moi negativos no noso entorno, coma: a contaminación, a desertización, a

extinción de especies… Ao mesmo tempo aprendemos que se poden tomar

medidas para solucionar estes problemas, coma: aforrar auga, electricidade,

combustible; reducir os residuos; separar o lixo para despois reciclar; respectar

as vedas… En fin, tendo unha CONDUTA RESPONSABLE.

4º Ed. Primaria

Page 31: Revista fiadeiro 14 15

Cando o verán chega sempre teño

a sorte de ir ao meu lugar

favorito....

Gústame ese lugar porque están

os meus amigos e se vai calor

bañámonos. Cando penso nel

sinto ganas de estar aí. Ás veces

sinto que é o mellor lugar de todo

o mundo. Encántame saltar

dende as rochas, xogar cos

amigos, saltar a boia...

É unha praia longa con rochas nos

extremos e cunha arboreda por

detrás. Está situada no lugar de

Sar, na parroquia de Beluso. Ten

un olor moi peculiar procedente

do mar. Cando estou alí síntome

moi relaxado.

(Abel Pastoriza)

É o meu lugar preferido porque

polo solpor o ceo está moi bonito

para bañarse no verán ou para

camiñar pola praia no inverno.

Cando imos de acampada

gústame mirar os barcos que

pasan e as gamelas pescando no

mar, bañarme nas augas

tranquilas e despois coller a

piragua e irmos ata o faro de

Mourisca.

(Iago López)

É o meu lugar preferido porque

estou cos amigos e xogo a facer

casas con canas.

Nesa praia hai rochas, no fondo

indo á dereita hai unha moi

grande e detrás dela hai xente

espida.

Lembro un olor moi especial: a

comida que fan no chiringuito:

tortilla, churrasco...

(Alba Porto)

......Ver os peixes, a auga cristalina as ondas

rompendo contra as rochas e a escuma branca

que queda logo...

A verdade é que me da sensación de felicidade.

Ás veces veñen os meus curmáns a xogar

comigo, a facer castelos de area, a disparar ao

ceo con pistolas de auga, a facer piscinas de

area e enterrarnos nelas. Cando xa estamos

cansos de xogar imos tomar un xeado no

chiringuito e pode que algún que outro regaliz.

Despois cazamos grilos, saltóns, formigas e

moitos máis tipos de bechos e con un pouco de

sorte atopamos mudas de serpe e enchémolas

de area. E logo quedámonos a ver como vai

marchando o sol.

(Álex Rosales)

Hai un lugar no mundo

Ese lugar é…

A PRAIA DE TUIA 5º Ed. Primaria

Page 32: Revista fiadeiro 14 15

LAVADOIROS

Os lavadoiros son construcións públicas ao aire libre deseñadas para lavar a roupa. A maior

parte teñen forma rectangular ou cadrada. Están formados por un ou máis pilóns conectados

entre si a redor dos cales hai unhas pedras inclinadas para que a auga esvare mentras se lava

a roupa. A maior parte deles foron construídos nos séculos XIX ou XX. Nas Rías Baixas aos

lavadoiros chamámoslle RÍO

LAVADOIROS DE BELUSO

1. RÍO DO PEÓN.

Atópase na Recta do Peón, na estrada que sae

do centro de Beluso hacia Bueu, a man

esquerda. Acédese por cinco pasos de escaleira,

ao lado dun camiño de carro, de usos de

sementeira e colleita que vai ás leiras. A fonte

foi cambiada de lugar, antes estaba detrás do

lavadoiro, ten a biqueira de pedra. A canle foi

restaurada no ano 1965 con cemento. Ten unha

cuberta de dúas augas con uralita no interior e

tella por fóra.(Iago López, Daniel Fernández)

2. LAVADOIRO DA ROSA.

Situado na Rosa, preto da igrexa de Beluso. Consta dun só pilón. A fonte, da cal se

pode coller auga, está antes do río e comunícase con el por unha canle. A cuberta é

dunha auga, apoiada por un lado nunha casa e por outro nun muro de pedra. Ten unhas

pedras por detrás para apoiar os capachos e as tinas da roupa.

3. FONTE LAVADOIRO DE SANAMEDIO.

Localízase en Bon de Arriba no adro de

Sanamedio. Á fonte accédese por escaleiras e

está rodeada por muros de pedra e enmarcada

nun friso de estilo clásico. A canle,

subterránea, atravesa a parte de abaixo do adro

e xusto ao final deste terreo, con preciosas

vistas á Ría de Aldán, atopamos o lavadoiro

que ten a peculiaridade de ter forma

semicircular. Non ten cuberta. O chan é de

terra está rodeado de herba e flores.

Page 33: Revista fiadeiro 14 15

4. LAGO MANSIÑO

Localízase en Montemogos, nun camiño que vai

hacia Vilar. Éntrase por un carreiro que nos leva a

un regato. É difícil dar con el. Non ten canle

porque a pedra de lavar está situada directamente

sobre o regato. Ocúltase no medio das herbas

5. A COBARTEÑA

Encóntrase en Bon, no medio dun bosque e ao lado

dunha cova. Está nun lugar sombrío moi agradable

no verán. A fonte e a canle son de pedra. Atópase

un pouco abandoado. Consta de un pilón grande de

pedra. (Laura Agulla)

6. FONTE DAS LAXES.

Está en Sar, Cabalo, ao pé da estrada. Consta dun

pilón de pedra con chan do mesmo material. A

canle é de pedra e a fonte está ao outro lado da

rúa. Ten cuberta de 4 augas de madeira por

dentro e tella no exterior.(Carmen Comedeiro,

Alba Porto)

7. A FONTE NOVA.

Atópase no lugar de Montemogos, separado

da fonte por unha estrada e a un nivel máis

baixo. Posúe unha canle de pedra con

biqueira para coller auga. Ten un pilón. Na

zona do desagüe hai unha pedra aparte para

lavar alfombras ou prendas especialmente

sucias. A cuberta, de dúas augas apoiada en

6 pilares e trabes de madeira, é de uralita no

interior e de tella no exterior. Ten

tarandeiras para a roupa e madeira no chan

para aillar os pés da auga. (Pablo Soage)

Page 34: Revista fiadeiro 14 15

8. A FONTE DE OURIL

Atopámolo en Chan do Piñeiro. Éntrase

polo camiño paralelo ao Pazo de Ouril.

Ten dúas escaleiras de acceso. Está no

medio dunha fraga entre salgueiros,

olmos, loureiro…O pilón rectangular ten

pedras de lavar polo dous lados. A canle é

de pedra e a fonte ten dúas biqueiras que

están conectadas entre si: unha dá auga ao

lavadoiro e outra para coller auga,;hai

dous pousadouros. A cuberta é de dúas

augas sobre catro pilares, con madeira na

zona interior e tellas por fóra. (Antía

López)

9. LAVADOIRO DO VILAR.

Localízase en Vilar de Abaixo. Está á beira dun

camiño, pero a un nivel máis baixo, case perdido

entre os prados. Ten un pilón de pedra e cemento

cuberto por herbas. A canle é de metal, sae do

medio dunha rocha. Ten dúas biqueiras. É moi

pequeno, a pedra de lavar só mide 1,40 m. de

longo. Carece de cuberta. (Jesús Herbello)

10. LAVADOIRO DA PONTE.

Está situado no lugar da Chadiza, ao lado da estrada. Ten un pilón feito de pedra. A

canle é tamén . de pedra e non ten fonte. A cuberta aséntase sobre 6 pilares de pedra,

trabes de cemento, o material interior é de ladrillo e o exterior de cemento. Está

abandoado, xa non se emprega para lavar; ao redor está cheo de silvas e de herbas moi

altas. (Abel Pastoriza)

11. LAVADOIRO DA PRAIA DE BELUSO.

Na Costa de Figueirón. Ten un pilón rectangular de pedra como a canle e o chan que

tamén son dese material. A fonte é de auga potable.A cuberta é de uralita, dunha soa

auga. (Gisela Pérez)

5º Ed. Primaria

Page 35: Revista fiadeiro 14 15

Xosé Fernando Filgueira Valverde, coñécese no ámbito intelectual galego co sobrenome de “O

vello profesor” polo seu papel como docente, profesión que comezou a exercer en 1927.

Naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Estudou a carreira de Filosofía e Letras e

Dereito. Entre 1959 e 1968 foi alcalde de Pontevedra. Foi membro fundador do Seminario de

Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra e conselleiro de Cultura.

Mantivo unha extensa correspondencia con Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco...

Uns versos ledos:

Rapaces de Mourente

rapaces de Marcón,

vinde ver a Carracedo,

que fuxiu con San Simón.

Rouboulle a camisa

rouboulle o pantalón,

deixouno en cirolas

que metía compasión.

Nos últimos anos vinte e ata 1936, incorpóranse á literatura galega unha chea de escritores

novos, seguindo os movementos de vangarda europeos, ós que se coñece como “Xeración do

vintecinco”.

Tiveron as súas propias publicacións, entre as que destaca a revista luguesa Ronsel,

promoveron a creación do Seminario de Estudos Galegos e participaron activamente na

creación do Partido Galeguista.

Page 36: Revista fiadeiro 14 15

Destacan na poesía: Manuel Antonio, Fermín Bouza Brey, Luís Amado Carballo e Luís Pimentel.

E o gran prosista desta época é Rafael Dieste pero merecen mención como prosistas desta

época: Álvaro de las Casas e Xosé Filgueira Valverde.

Xosé Filgueira Valverde desempeñou un importante labor como erudito, crítico,

ensaísta, etc., como narrador hai que facer mención de “Quintana viva” e “ Vigairo”

(“Lingua” X.Alberto Platero Varela, X.Luís Álvarez Freire, Modesto Hermida García. Edit.

Galaxia/Edicións SM1988)

“Quintana viva” é unha recompilación de contos que teñen un referente

no mundo da infancia.

LIBROS:

1925 “Os nenos”

1936 “Agromar”

1969 “Cancioneiriño novo de Compostela”

1971 “Quintana viva”

1973 “Da épica na Galicia medieval”

1978 “Sargadelos”

1979 “Segundo ADRAL”

1992 “VII ADRAL”

1996 IX ADRAL”

Na súa estampa de Filgueira Valverde, o presidente da Academia Galega, don Xesús Alonso

Montero, salienta a diversidade e profundidade dos seus saberes, e o seu firme compromiso

vital coa defensa e a recuperación da cultura galega.

“A obra do ilustre polígrafo pontevedrés constitúe un dos grandes capítulos da cultura galega

do século XX” (academia.gal/novas)

PARA SABER MÁIS:

academia.gal/inicio (Web da Real Academia Galega)

http:/consellodacultura.gal/ diadasletrasgalegas/2015

“Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual” de D. Xesús Alonso Montero, actual

presidente da Real Academia Galega (RAG)

6º Ed. Primaria

Page 37: Revista fiadeiro 14 15

UN POUCO DE

VOCABULARIO relacionado coa CIENCIA

CIENCIA – 1. Coñecemento certo das cousas polos seus principios e causas. As ciencias defínense polo campo ao que se aplican (o home, a natureza) e polo método que utilizan (especulativo, matemático, experimental)

2. Conxunto das ciencias exactas, fisicoquímicas e naturais.

CIENTÍFICO/-A – Persoa que se dedica á investigación científica ou que é especialista nalgunha ciencia.

CIENTIFISMO – 1. Teoría segundo a cal os métodos científicos deben estenderse a todos os dominios da vida intelectual e moral.

2. Confianza plena nos principios e resultados da investigación científica, e práctica rigorosa dos seus métodos.

CIENCIA-FICCIÓN – Xénero narrativo e cinematográfico caracterizado por basearse en hipotéticos mundos moito máis desenvolvidos científica e tecnicamente ca o actual.

INVESTIGACIÓN – Acción e efecto de investigar. Sin. indagación, inquisición.

INVESTIGAR – 1. Traballar nalgunha rama científica para aclarar algo, ou descubrir ou inventar algunha cousa.

2. Facer dilixencias para coñecer ou descubrir algo. Sin. indagar, pescudar.

INVESTIGADOR/-ORA – Que, ou quen, investiga.

Page 38: Revista fiadeiro 14 15

DESCUBRIR – 1. Coñecer algo que se ignoraba.

2. Achar, atopar, encontrar, inventar algo antes descoñecido. Ant. agachar, ocultar, esconder, encubrir.

DESCUBRIMENTO – 1 Encontro de algo oculto ou descoñecido.

2. Acción de descubrir algo antes ignorado ou descoñecido.

3. Achado, invento, descuberta.

4. Cousa descuberta.

DESCUBRIDOR/-A – Inventor

DESCUBERTO/-A – 1. Achado, atopado.

2. Descubrimento de tipo xeográfico ou científico.

INVENTAR – 1. Achar ou descubrir unha cousa nova. Sin. Enxeñar, idear.

2. Achar, argallar, crear, idear, descubrir, encontrar. Ant. Copiar, imitar, plaxiar.

INVENTOR/- ORA – (do lat. “inventore”, persoa que encontra ou descobre; inventor, autor)

1. Persoa que inventou ou inventa algo.

2. Autor, creador, descubridor, pai, produtor.

3. Argalleiro.

INVENTO – 1. (do lat. “inventu”, descubrimento, achado, invento, invención e do lat. “invenire” atopar, achar, encontrar; inventar, descubrir) Cousa inventada. Sin. Descuberta, invención.

2. Achado, descuberta, invención

6º Ed. Primaria

Page 39: Revista fiadeiro 14 15

Isaac Newton

Naceu o 25 de decembro do 1642, en Woolsthorpe, Lincolnshire, Inglaterra. Durante a súa infancia tivo unha saúde débil e aos seus pais lles parecía un mal estudante, aínda que os seus compañeiros de clase o consideraban bastante listo.

Sen dubida algunha foi un dos máis importantes científicos da historia da humanidade. A súa achega é fundamental en campos como as matemáticas (cálculo), a óptica (teoría da luz) e a mecánica (leis do movemento e gravitación universal).

Segundo a lenda, estando Newton sentado no xardín da súa casa, viu unha mazá caer e preguntouse por qué caera. Así terminou establecendo a teoría da gravitación universal.

Seu pai faleceu antes de que el nacese, así que súa nai tivo que ocuparse soa de toda a familia. Ela pensou que este fillo podería ser granxeiro, pero ao darse conta do seu talento, enviouno á universidade. Alí, o mozo tivo que traballar para pagar os estudos.

Ao rematar a universidade Newton dedicouse a investigación en física e matemáticas.

Newton deseñou en 1668 o primeiro telescopio, parecido aos que se usan actualmente na maioría dos observatorios astronómicos. O telescopio é un aparello que serve para observar os astros.

Morreu o 20 de marzo do 1727, en Cambridge, Inglaterra.

A DESCOMPOSICIÓN DA LUZ E O DISCO DE CORES

Newton tamén destacou polo seu descubrimento do fenómeno da luz. Comprobou que, se facía pasar un feixe luminoso por un prisma, a luz branca descomponse nunha serie de cores. Da experiencia co feixe luminoso deduciu que se a luz branca se podía descompoñer en sete cores, combinando estas cores poderíase volver á cor branca.

Demostrou esta teoría utilizando un disco xiratorio no que se colorean varios sectores de cores. Estas cores teñen a mesma orde na que aparecen no arco de abella : vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, anil e violeta.

* feixe --> Conxunto de raios luminosos dunha mesma orixe. Conxunto de partículas que se moven aproximadamente con igual velocidade e dirección. *Dous tipos de poliedros son : os prismas e as pirámides. Os prismas teñen dúas caras paralelas e iguais, chamadas bases, e o resto das súas caras son paralelogramos ( cadrado, rectángulo, rombo e romboide ). * poliedros --> Son corpos xeométricos cuxas caras son todas polígonos. Os elementos dun poliedro son : caras, arestas e vértices. Polígono : é unha figura plana formada por unha lina poligonal pechada e o seu interior. As partes dun polígono son : os lados, os vértices, os ángulos e as diagonais.

Page 40: Revista fiadeiro 14 15

Albert Einstein

Naceu o 14 de marzo do 1879 en Ulm, Alemaña.

De neno non falou con soltura ata os nove anos e aprendía lentamente, sen embargo foi un incrible científico.

En 1905 publicou artigos que establecen as bases da física moderna, entre eles a Teoría especial da relatividade. Formula a súa famosa ecuación E=mc2 e afirma que a enerxía dun corpo é igual á súa masa multiplicada pola velocidade da luz ao cadrado.

En 1916 publica a súa Teoría xeral da relatividade. En 1919, a observación dun eclipse confirma a súa teoría.

En 1921 recibe o premio Novel pola súa explicación do fenómeno fotoeléctrico.

Morre o 18 de abril do 1955. Cando morre o seu cerebro e extraído para ser analizado, e, contrariamente ao esperado, tiña o mesmo tamaño ca o dunha persoa media.

William Harvey

Naceu en Folkestone, Kent ( Inglaterra ), o 1 de abril.

En 1616 anuncia, nas súas clases de anatomía, o descubrimento do sistema circulatorio, aínda que non o publica.

Harvey estaba interesado na reprodución, sobre todo nos mamíferos. Tiña a teoría de que as femias producían óvulos que eran fecundados polo esperma do macho.

Aínda que nunca conseguiu encontrar ningún óvulo, a súa teoría demostraríase máis de douscentos anos despois.

En 1628 publicou o seu Estudio anatómico do movemento do corazón e o sangue nos animais, e, anos máis tarde ( no 1651 ) publicou a súa investigación en embrioloxía nos seus Ensaios sobre a xeración dos animais.

Morreu en Londres o 3 de xuño do 1657.

Científicos relacionados coa electricidade

Dmitri Mendeleiev

Naceu o 8 de febreiro do 1834 en Tobolsk, Siberia ( Rusia ).

En 1869 creou a primeira versión funcional da Táboa Periódica dos Elementos ordenándoos polos seus pesos atómicos. Mendeleiev fíxolle a cada elemento unha “carta”, na que escribiu o seu símbolo, peso e propiedades físicas. Ademais Mendeleiev ordenounosc colocando verticalmente en columnas os elementos quimicamente similares comezando polo hidróxeno (situado arriba á esquerda).

Page 41: Revista fiadeiro 14 15

O sistema de Mendeleiev non era o único dispoñible na época, pero era excepcional porque predicía elementos aínda non descubertos e deixaba espazos para eles na Táboa, nos lugares correspondentes.

En 1882 recibe a medalla Davy xunto ao químico alemán Lothar Meyer.

Morreu o 2 de febreiro do 1907 en San Petesburgo, a causa dunha gripe.

Hans Christian Oersted

Naceu no 1777 en Rudköbing, na illa de Langeland, Dinamarca.

Este gran físico danés descubriu a relación entre a electricidade e o magnetismo. Observou en 1819, que unha agulla magnética podía ser desviada polo efecto da corrente eléctrica. Profesor de universidade.

Oersted xa intuía desde facía anos que había algún tipo de relación entre electricidade e magnetismo, pero foi en 1820 cando realizou o experimento crucial que vería nacer o electromagnetismo: cando facía pasar unha corrente eléctrica por un fío condutor cerca dunha agulla imantada, viu que se desviaba, se movía. A raíz do experimento, Oersted investigou intensamente o fenómeno e abriu o camiño para que Ampère e Faraday desatrollaran as leis do electromagnetismo.

Tamén fixo unha importante achega á química illando por primeira vez o aluminio, en 1825.

Alessandro Giuseppe Antonio Anastasio Volta

Naceu o 18 de febreiro do 1745 na cidade italiana de Como.

Logrou construír a primeira pila eléctrica.

Volta realiza o seu primeiro invento: un aparello relacionado coa electricidade. Con dous discos metálicos, separados por un condutor húmido, pero unidos cun circuíto exterior logra, por primeira vez, producir corrente eléctrica continua, inventa o electróforo perpetuo, un dispositivo que unha vez que se encontra cargado pode transferir electricidade a outros obxectos.

Descubriu en 1780, que o contacto con dous metais diferentes co músculo dunha ra producía electricidade, tamén empezou a facer os seus propios experimentos de electricidade-animal, pero chegou a outra conclusión no año 1794: non era necesaria a participación dos músculos dos animais para producir corrente. Esta achega produciulle moitos conflitos, non só co seu amigo Galvani, se non coa maioría dos físicos da época que eran adherentes á idea de que a electricidade só se producía a través do contacto de dous metais diferentes coa musculatura dos animais. Sen embargo, cando Volta logrou construír a primeira pila eléctrica, demostrou que se encontraba no certo e vencera na batalla aos seus colegas.

Page 42: Revista fiadeiro 14 15

Benjamin Franklin

O político e científico norteamericano Benjamin Franklin ( 1706 – 1790 ) non se imaxinaba o perigo que corría cando en 1752, durante unha tormenta voou un papaventos cun arame puntiagudo no seu extremo superior. Cando Franklin colleu coa man o soporte metálico ao que estaba unido o fío do papaventos, saltou unha chispa eléctrica. Así demostrouse por primeira vez que os raios das tormentas ou tempestades eran auténticas descargas eléctricas. Os raios son as descargas eléctricas súbitas que van das nubes á terra.

Franklin aplicou pronto na practica o seu descubrimento. Demostrou que unha vara longa de metal colocada no alto dun edificio atraía os raios durante as tormentas. Conectou a vara metálica co chan e así inventou o pararraios.

Hoxe en día o pararraios continúa coa súa función protectora, aínda que tamén contamos con curtocircuítos, que poñen ao abrigo de sobretensións perigosas de orixe atmosférico aparellos e circuítos eléctricos.

Michael Faraday

Físico inglés. Michael Faraday naceu o 22 de setembro do 1791 en Londres.

Nun dos seus experimentos máis famosos demostrou que un campo magnético pode producir unha corrente eléctrica por un proceso chamado indución.

No 1831 dedicouse a investigar o electromagnetismo e creou o primeiro exemplo de xerador eléctrico.

No 1845 descubriu o diamagnetismo, o magnetismo que mostra unha substancia sometida a un campo magnético. Establece que a forza magnética e a luz están relacionadas.

Morreu o 25 de agosto do 1867 en Londres.

Thomas Edison

Thomas Edison naceu o 11 de febreiro do 1847 en Ohio, Estados Unidos.

Un desgraciado experimento provocou un incendio nun vagón onde el traballaba, e o xefe do tren expulsouno, propinándolle unha labazada tan violenta que o deixou xordo para o resto da súa vida.

Edison inventou o papel parafinado para envolver os alimentos e o chicle.

Edison soñaba con inventar a lámpada eléctrica, polo que púxose a traballar nela. O 4 de setembro do 1882, foi instalado o primeiro sector de distribución eléctrica.

Morreu o 18 de octubre do 1931 en Nueva Jersey.

Page 43: Revista fiadeiro 14 15

André Marie Ampère

Naceu o 20 de xaneiro de 1775, en Lyon, Francia.

Considérase un prodixio da humanidade. Xa aos doce anos, dominara toda a matemática desa época. No ano 1801, á idade de 26 anos, foi nomeado profesor de física e química no Instituto de Bourg, e no 1809, profesor de matemáticas na Escola Politécnica de París.

Desenvolveu completamente en moi pouco tempo as bases matemáticas da teoría do electromagnetismo de Oersted e formulou una lei do electromagnetismo, chamada Ley de Ampère.

Definiu a unidade de medida da corrente eléctrica: o amperio, así coma o instrumento para medila, o amperímetro.

Morre o 10 xuño do 1836, deixando inacabado o seu último libro "Ensaio sobre a Filosofía das Ciencias”

FONTES:

museovirtual.csic.es/salas/magnetismo/biografias.htm

“Grandes científicos” SM ISBN 978-84-675-2999-9

www.lenntech.es/periodica/tabla-periodica.htm

climantica.org (biblioteca)

DARÍO CAMIÑA NÚÑEZ – 6º PRIMARIA

6º Ed. Primaria

Page 44: Revista fiadeiro 14 15

MÚSICA, CIENCIA E MATEMÁTICAS!

Este ano, na aula de música, os nenos e nenas de ED.Infantil, 1º e 2º

cursos estivemos a traballar xogos, cancións, recitados, danzas, contos

e coreografías relacionadas coa ciencia e as matemáticas.

Deixámosvos aquí unha mostra delas:

XOGOS DE SORTES

Un avión xaponés cantas bombas tira ao mes?

(O aludido di un número e o sorteador conta ata chegar ao número

referido).

Pelo gato vintecatro, unha, dúas, tres e catro.

Nun café rífase un gato a quen lle toque o número catro

un, dous, tres e catro.

Doce meses ten o ano, catro fases ten a lúa, dime ti

cántas pedriñas ten o chan da túa rúa ?

(O aludido di un número e o sorteador conta ata chegar ao número

referido).

CANCIÓNS

Os números (do disco Xiqui, xaque, fiú, fiú de María FumaÇa).

Son 1 cando estou soa,

somos 2 se ti estás comigo,

somos 3 se somos dous e ven algún outro amigo.

4 patas ten o can,

5 os dedos da man,

6 son os anos que eu teño

7 os do meu irmán.

Page 45: Revista fiadeiro 14 15

8 patas ten a araña,

9 son tres veces tres

e se isto eu o aprendo …

vanme poñer un 10.

(Con esta canción traballamos o concepto de nº e logo

inventamos unha coreografía en grupos de tres).

Outras cancións con números foron:

Mi barba tiene tres pelos.

Un, dous, tres.

Andando,andando…

RECITADOS

Un, dous, tres, coas pernas cara diante.

Un, dous, tres, coas pernas para atrás.

Un, dous, tres, camiñamos todos xuntos.

Un, dous, tres, camiñamos ao compás.

(Recitamos e facemos a coreografía).

DANZAS

A través das danzas traballamos a direccionalidade, lateralidade,

dentro-fóra, ritmo, pulsación…

Nesta ocasión traballamos do libro-disco “Cantar e bailar”

Río verde.

Don Melitón.

Tris-tras.

XOGOS

Pita cega.

1,2,3 zapatiño inglés.

Números e movemento con música.

Aros (dentro e fóra, distintos agrupamentos)…

Page 46: Revista fiadeiro 14 15

Equipo de Mediación

Ola, somos o equipo de mediación do colexio

C.E.I.P. Montemogos, imos explicarvos o que

facemos durante o recreo cando hai un conflito:

1º- Escoitamos a versión dunha persoa do conflito.

2º- Despois escoitamos a versión da outra persoa.

3º- Logo aclaramos o sucedido.

4º- Por último, entre elas teñen que buscar unha

solución.

Se están feridos ou se o conflito é moi grave

acudimos ás mestras ou mestres do patio.

TERESA

SOFÍA

HUGO

CARLA

BRUNO

UXÍA

Page 47: Revista fiadeiro 14 15

O RECUNCHO DE MEDIACIÓN

Este ano contamos cunha nova axuda para

resolver os conflitos dentro do colexio:

“O recuncho de mediación”

Este recuncho é un lugar no que podemos

resolver os problemas con máis tranquilidade.

Consiste en dúas cadeiras: unha para que se

sente un neno/a e conte a súa versión, e a segunda,

para que o outro neno/a escoite en silencio o que

di o seu compañeiro/a. Despois, intercambiaranse

o lugar para escoitar a versión de ambos, e así

poderemos atopar unha solución entre todos .

Cando cheguemos a un acordo, faremos un

“selfie” para que quede constancia de que

resolveron o seu conflito.

Page 48: Revista fiadeiro 14 15