79
UNIDADE 10 O MOMENTO CLASICISTA DO RENACEMENTO: O CINQUECENTO Borja Campos Seijo I.E.S García Barbón (Verín)

Unidade 10 Cinquecento

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Galego

Citation preview

Page 1: Unidade 10 Cinquecento

UNIDADE 10

O MOMENTO CLASICISTA DO RENACEMENTO:O CINQUECENTO

Borja Campos Seijo I.E.S García Barbón (Verín)

Page 2: Unidade 10 Cinquecento

1. O CLASICISMO• Clasicismo = selección e perfeccionamento dos elementos elaborados

no século anterior acadar nivel óptimo do novo sist figurativo.• Artistas do Quattrocento imaxinaron natureza coma orde racional

rexida por proporcións e perspectiva. Seus sucesores no Cinquecento completaron este criterio de beleza revalorizando a subxectividade do artista fundindo ilusionismo convincente (xa conquistado) con recursos dramáticos emoción do espectador.

Page 3: Unidade 10 Cinquecento

• Estes recursos linguaxe figurativa clásica, trazos: Perspectiva cadro = xanela aberta ao mundo finxe 3ª dimensión na converxencia de liñas de fuga (perspectiva lineal) e plasma a atmósfera interposta entre obxectos (perspectiva áerea). Proporcións orgánicas da figura humana. Composicións equilibradas a base de esquemas simples e monumentais claridade de acción.

Page 4: Unidade 10 Cinquecento

- Clasicismo = unión arte e ciencia = formas complementarias de coñecemento grandes artistas = humanistas e científicos arte xa non oficio mecánico senón actividade intelectual mellor exemplo: Leonardo da Vinci.

- Sen embargo Clasicismo = momento efímero, apenas 25 anos entre 1495 e 1520 realízanse todálas obras clave. Brevidade clasicismo = momento excepcional de unión de visión heroica e cristiá do ser humano (suxeito do seu destino) = soño imposible truncado pola crise e guerras relixiosas (Reforma e Contrarreforma) e monarquías absolutas.

Page 5: Unidade 10 Cinquecento

2. LEONARDO DA VINCI- Leonardo (1452-1519) aprende en

Florencia no obradoiro de Verrochio traslado a Milán en 1481 á corte de Ludovico Sforza. Caída Sforza paso efímero por Roma e marcha a Francia contratado polo rei Francisco I morte en Francia en 1519.

- Produción artística escasa polo seu espírito disperso e inquedo. Artista pluridisciplinar pintor, práctica escultura e arquitectura, inventa e deseña máquinas e inxenios de todo tipo e desenvolve labor de investigación en diversas ramas do coñecemento.

- Aportacións principais: pintura anovacións: Sfumato: matices claroscuros funden contornos de figuras e obxectos en atmósfera suxerente e poética. Perfecciona perspectiva aérea. Composicións complexas que centraliza nun grupo principal en triángulo

Page 6: Unidade 10 Cinquecento

- Leonardo crea imaxe relixiosa misteriosa (neoplatonismo) caos da natureza cobra orde coa presencia divina 1ª obra importante = Adoración dos Magos, esbozo sobre táboa para convento florentino inacabado por partida a Milán (1481) Virxe das Rochas = obra que expresa mellor estes principios, contrapondo dous mundos. misteriosa natureza ao fondo e estabilidade e equilibrio na imaxe relixiosa en 1º plano.

- Tamén en Milán, no refectorio do convento Sta María de Grazie fai outra obra mestra = Derradeira cea = composición perfecta con Cristo de punto focal, artellando simétricamente a escea con fig ben individualizadas (rasgos e actitudes diversas) en grupos de tres.

Page 7: Unidade 10 Cinquecento
Page 8: Unidade 10 Cinquecento

- Revolucionario cultivo do retrato Dama do armiño e, sobre todo, Monna Lisa = obra + coñecida e mito da pintura universal, obra na que empregou moitos anos sen dala nunca por rematada fig simple de medio corpo, centrando atención en face (sorriso enigmático) e mans, con delicado sfumato Gioconda = ser vivo que respira e se move

- Entre derradeiras obras, destaca Santa Ana, Virxe e Neno, con novidades = composición piramidal desequilíbrase con movemento en espiral, anunciando tamén Da Vinci, a pesar de temprana morte, o desacougo manierista.

Page 9: Unidade 10 Cinquecento

40. VIRXE DAS ROCHASLEONARDO DA VINCI

• Pintura renacentista italiana. Clasicismo do Cinquecento.

• Óleo sobre táboa. Louvre, París, National Gallery, Londres.

• Finais S. XV-inicios S.XVI.

• Encargo da Confraternidade da Inmaculada Concepción de Milán coma táboa central dun retablo.

• Cadro de altar.

• Iconografía: Virxe co Neno, S. Xoán neno e anxo.

Page 10: Unidade 10 Cinquecento

- Pintura da que se conservan 2 versións (Louvre e National Gallery) obedece ao encargo dunha cofradía milanesa ao pouco de chegar Leonardo á cidade. Complexo retablo (do que esta sería a táboa central), pouco sabemos das circunstancias que orixinaron a 2ª réplica, diferente en detalles importantes, nin tampouco podemos asegurar cal das dúas é a orixinal.

- Sen embargo, as 2 versións resultan por igual de abraiantes pola contraposición de 2 mundos: mundo natural ao fondo e escena sagrada en primer termo.

- Fascinado polo motivo das grutas, Leonardo pinta aquí unha paisaxe misteriosa e sombría, indefinida e fantástica onde a natureza semella amenazante formas esvaecidas entre brétemas e forzas desatadas desacougo polo descoñecido.

Page 11: Unidade 10 Cinquecento

- No limiar da gruta, en vivo contraste con ela, vemos un primeiro plano estable = escea chea de claridade e equilibrio. Baixo apariencia dun esquema piramidal clásico existencia disposición en cruz escorzada en xestos e inclinacións dilatación espazo en todas direcións. Por riba, a Virxe cubre a todos como unha cúpula protectora, simbolizada por escorzo de man silencioso diálogo de ollos e mans guían a nosa mirada, invitada a participar por misterioso anxo (mira ao espectador).

Page 12: Unidade 10 Cinquecento

- 1 atmósfera húmida envolve imaxe e ensambla 2 partes nun único cadro. Atmófera obtida mediante sfumato esvaece contornos, matiza o claroscuro en transicións imperceptibles e filtra luz imprecisión de formas no fondo creando ambiente misterioso da caverna, e comunicación íntima de figuras no 1º plano.

- Iconografía sen precedentes aire demasiado enigmático para cadro altar. Pero a pesar contido desconcertante, poucas obras acadan maxia e fascinación tan poderosas.

Page 13: Unidade 10 Cinquecento

41. A GIOCONDALEONARDO DA VINCI

- Pintura renacentista italiana. Clasicismo do Cinquecento.

- Louvre, París. c. 1505/14.

- Óleo sobre táboa.

- Encargo de Lisa Gherardini, esposa de Francesco Bartolomeo del Giocondo.

- Xénero: retrato.

- Iconografía: figura feminina de medio corpo en posición de tres cuartos

Page 14: Unidade 10 Cinquecento

- Non adoitaba Leonardo adicar demasiado tempo ao retrato, e chama por iso a atención que, logo de ter rexeitado encargos de papas e poderosos señores, empregara tantos anos e esforzo en completar este encargo. Encargo que nunca deu por rematado e que xa en vida do artista sería adquirido polo rei francés Francisco I , coma obra sublime, que os coetáneos comezaron a mitificar.

- Unha das claves pode consistir no equilibrio con que dosifica os seus recursos pictóricos para crear a apariencia de simplicidade deste retrato redución da iconografía a figura de medio corpo en posición de tres cuartos, emprazada sobre paisaxe indefinida. Suprime toda actitude sofisticada ou vestimentas luxosas para non distraer atención de face e mans pose espontánea, acougada e segura

Page 15: Unidade 10 Cinquecento

- Pero a postura no é tan natural coma semella: se observamos ben os dous lados do fondo non cadran entre si horizonte esquerdo está + elevado que o dereito. Desde a esquerda a muller vese + erguida e esvelta = asimetría imperceptible a simple vista sensación de mov e vida da figura.

- Os artistas do Quattrocento facían fig convincentes pero ríxidas e pétreas, + por exceso que por falta de observación: canto + fielmente copiaban os detalles, + estáticas e inmóviles resultaban os personaxes, paralizados coma estatuas. A solución pasaba por deixar ao espectador algo que adivinar, que imaxinar e completar na imaxe.

Page 16: Unidade 10 Cinquecento

- Leonardo dispoñía do recurso pictórico axeitado para esta función: delicado sfumato perfección na Gioconda figura parece un ser vivo que respira e se move e ambigüedade do sorriso.

- Sfumato imprecisión nos trazos das comisuras dos beizos e extremos dos ollos expresión fica tan aberta que hemos ser nós mesmos quen a interpretemos. Filtrando a luz con suaves veladuras beleza indefinida e suxerente, unha muller concreta e individual á vez que ideal e sublimada.

Page 17: Unidade 10 Cinquecento
Page 18: Unidade 10 Cinquecento

3. O CLASICISMO CRISTIÁN NA ROMA DE XULIO II

- Tralo mecenado de Lourenzo de Medici ( 1492) e revolta integrista cristiá de Savonarola Florencia perde a hexemonía artística que exercera no Quattrocento sustituida por Roma.

- Roma, era aínda a comezos do S.XVI un vasto campo de ruínas antigas e barrios populosos carentes de obras modernas. O papa Xulio II (1503-1513) tenta remediar situación reorganización urbanismo e construción nova basílica de San Pedro inauguración Roma moderna.

- Xulio II concibe Estado Pontificio = poder imperial supremo e pretende restaurar a grandeza da Roma antiga coma centro dunha Igrexa que aspira á hexemonía universal. Utiliza a arte coma expresión de poder adopción clasicismo coma programa triunfal prestixio papal Papa = continuador emperadores romanos = césar cristián.

Page 19: Unidade 10 Cinquecento

- Durante breves décadas, identificación entre Roma antiga e cristián Concordatio = compatibilidade e conciliación entre cristianismo e humanismo clásico, vestindo os temas cristiáns con roupaxe clásica Clasicismo = cultura e arte oficial do Papado nas primeiras décadas do século XVI prestixio e representación do poder.

- Gran proxecto de Xulio II = Basílica de San Pedro do Vaticano encargo inicial a Donato Bramante concibe edificio a escala monumental e colosal deseño de planta de cruz grega cunha gran cúpula central e 4 + pequenas nos brazos, rematados en senllas ábsidas con senllas torres nos ángulos.

- A basílica tardaría un século en ser rematada con interminables modificacións. En 1513 falece Xulio II e un ano despois Bramante. A súa morte só estaban feitos os catro grandes piares que termarían da cúpula. Durante trinta anos a obra avanza moi de vagar discutíndose entre a cruz latina funcional ou a cruz grega simbólica.

- En 1547 Miguel Anxo fai a intervención decisiva constrúe tambor e deseña cúpula, erguida corenta anos despois por Giacomo della Porta. A inicios do S.XVII Carlo Maderna prolonga a nave lonxitudinal fin debate triunfo cruz latina adosada a testeiro de cruz grega.

Page 20: Unidade 10 Cinquecento
Page 21: Unidade 10 Cinquecento

4. RAFAEL SANZIO- Rafael (1483-1520), a pesar corta vida posee

unha obra moi ampla. Nado e formado en Urbino en pintura no taller Perugino marcha a Florencia atraido por fama Leonardo e Miguel Anxo, onde aprende deles doadamente: de Leonardo toma esquemas compositivos e inmersión figuras na atmósfera; de Miguel Anxo o dinamismo e intensidade de debuxo e formas.

- Con apenas 25 anos triunfa en Roma papal, onde supera en fama ao mesmo M. Anxo. A morte prematura sorpréndelle cando disfruta de éxito social e artístico.

- Principal característica: versatilidade domina tendencias diferentes, adaptando estilo a necesidades do tema, pero sempre con selo propio.

- Obra caracterizada por moderación compositiva, luminosidade clara e papel compensado de debuxo e cor, fronte forza arroutada de Miguel Anxo

Page 22: Unidade 10 Cinquecento

- No retrato, Rafael parte de Leonardo pero centra atención en caracterización social do personaxe, plasmando burguesía enriquecida que adquire rango de nobreza. Neles intensifica a captación de elementos reais individualización, refinamento e sentido sensual da beleza.

- Desenvolve nova tipoloxía relixiosa de Virxes co Neno (ás veces con outros personaxes) = Madonne (señoras) vertente maternal, profunda humanidade e idealización divina conmover aos fieis grazas a súa habilidade para converter ideas e sentimentos en imaxes.

Page 23: Unidade 10 Cinquecento

- En 1508 fama crecente e recomendación Bramante chamada de Xulio II a Roma para decorar estancias vaticanas (aposentos papais) programa artístico que glorifica a Igrexa coma fonte de salvación e depositaria da verdade. Na Stanza della Signatura, biblioteca privada papal, frescos de bóvedas e catro muros presntan catro fontes coñecemento: teoloxía, arte, xurisprudencia e filosofía (Escola de Atenas).

- Malia súa curta carreira artística, as últimas obras anuncian vías de superación do equilibrio clásico, prefigurando Manierismo que arrinca pouco despois da súa morte Transfiguración xestos intensos, dramatismo, desorden e violento contraste de luces e sombras.

Page 24: Unidade 10 Cinquecento

42. MADONNA DO XÍLGARORAFAEL

- Pintura renacentista italiana. Clasicismo do Cinquecento.

- Uffizi, Florencia. c. 1507.

- Óleo sobre táboa.

- Encargo privado de Lorenzo Nasi.

- Xénero: Cadro de devoción.

- Iconografía: Virxe co Neno e S.Xoan xogando cun xílgaro.

Page 25: Unidade 10 Cinquecento

- A inicios do XVI Rafael nova tipoloxía relixiosa = Madonne (Señoras): Virxe e Neno, a quen adoitan acompañar algún outro personaxe (San Xoán Bautista neno, S. Xosé, algún anxo), protagonizan algunha anécdota nome do cadro. Madonna do xílgaro = un dos exemplos + notables e difundidos.

- Esquema piramidal leonardesco resolve agrupamento fig, fornece de estabilidade e dinamismo á composición.

- Volumes modelados con claroscuro contrastado e intenso monumentalidade e sinxeleza.

- Nenos ó redor escorzo xeonllo da Virxe contraposición solidez (gravidade da Virxe) e gracilidade (anécdota tenra nenos e páxaro).

Page 26: Unidade 10 Cinquecento

- Gran habilidade de Rafael de converter ideas e sentimentos en imaxes visualizar conceptos en detalles simples pero significativos. Páxaro crea complicidade entre nenos, en postura inestable xesto protector e maternal da Virxe humanidade e calor maternal, acentuado por contacto pé Xesús e nai.

- Ademáis de composición, toma Rafael de Leonardo un sfumato, empregado de xeito discreto, pintando natureza esvaecida no fondo, pero serena e acolledora descarta misterio natureza e faces leonardescas por expresión amable e inocente, que acada perfección no rostro doce e delicado da Virxe.

- Estas Madonne funden 2 conceptos contrapostos de María: imaxe maternal profundamente humana e idealización divina iconografía emotiva = directa e eficaz emoción nos fieis.

Page 27: Unidade 10 Cinquecento

43. ESTANCIAS VATICANAS: ESCOLA DE ATENAS

RAFAEL- Pintura renacentista italiana. Clasicismo do cinquecento.- Stanza della Segnatura, pazos Vaticano, Roma. c. 1510/1511.- Fresco sobre muro.- Encargo Papa Xulio II para decorar cámaras privadas.- Xénero: histórico-alegórico.- Iconografía: Filósofos e científicos da Antigüidade clásica.

Page 28: Unidade 10 Cinquecento

- Pontificado de Xulio II cobizoso programa artístico empresas de 1º orde: construción basílica de S. Pedro proxectada por Bramante, sepulcro papal e teito Sixtina por M. Anxo e decoración stanzes por Rafael programa grandioso onde clasicismo = arte oficial da Igrexa, proclamando concordatio entre cultura antiga e cristianismo.

- Recomendado posiblemente por Bramante Xulio II encarga a Rafael, de 25 anos, a ornamentación das estancias vaticanas Inicio na da Segnatura, destinada a biblioteca privada ciclo de frescos en muros e teito sobre as 4 fontes do saber: teoloxía, arte, xurisprudencia e filosofía. A esta última corresponde a Escola de Atenas (1509/1511) = manifestación acabada do clasicismo

Page 29: Unidade 10 Cinquecento
Page 30: Unidade 10 Cinquecento

- Establecemento en Roma Rafael agroma nova linguaxe madura e propia clasicismo equilibrado e monumental. Trazado semicircular da parede marco arquitectónico que alude a modelos antigos, á vez que reflecte o proxecto de S. Pedro que nese mesmo intre empezaba a construir Bramante potente arquitectura monumental pola que deambulan morea de celebridades asamblea improvisada, pero equilibradamente distribuidos, entrelazados por sutil ritmo formal.

- Polo centro avanzan, sobre o punto de fuga e o fondo de celaxe, Platón (Leonardo) que terma do Timeo e apunta ao ceo aludindo ao idealismo, acompañado por Aristóteles coa Ética que sinala a terra en referencia ao materialismo realista.

Page 31: Unidade 10 Cinquecento

-- Mentres, Sócrates debate na esquerda cos seus discípulos, + abaixo Epicuro le, e Pitágoras e Arquímedes escriben. A súa beira añadiu un Heráclito (Miguel Anxo) en clave miguelanxelesca cavilando absorto, mentres atrás nos chanzos senta Dióxenes. Pola dereita Euclides (Bramante), dóbrase para trazar no chan co compás, e atrás del discuten Ptolomeo e Zoroastro, nun grupo no que aparece autorretratado Rafael.

1. Esquines... 2. Alcibíades 3. Antístenes4. Jenofonte 5. Sócrates 6. Platón 7. Aristóteles 8. Protágoras 9. Parménides 10. Zenón de Elea 11 Epicuro 12. Federico Gonzaga, de Mantua 13. Averroes 14. Francesco Maria della Rovere 15. Arquímedes16. Diógenes el cínico 17 Zaratustra18. Raphaël19. Giovanni A. Bazzi (alias "Sodoma") 20. Boecio... 21. Pitágoras 22. Heráclito 23. Euclides24. Ptolomeo

Page 32: Unidade 10 Cinquecento

- Non existe daquela contradicción entre pasado antigo e presente cristián, senón íntima identificación entre clásicos e contemporáneo. Prestixio das artes ascende ata igualarse coas grandes mentes do mundo antigo

Page 33: Unidade 10 Cinquecento

5. MIGUEL ANXO- En 1527 o Sacco (saqueo) de Roma por tropas Carlos V cambio

irreversible na arte. Breve clasicismo esgota os seus ideais manierismo = contestación contra o clasicismo racha con equilibrio, mesura, proporción…

- Os manieristas vulneran normas clásicas efectismos e refinamentos ópticos que caen na frivolidade arte deixa de ser coñecemento ou reflexión instrumento poder.

Page 34: Unidade 10 Cinquecento

- Miguel Anxo Buonarroti (1475-1564) longa traxectoria dende polémico clasicismo a xenial manierismo na madurez. Acollido no círculo humanista de Lorenzo de Médici (o Magnífico) asimila neoplatonismo.

- Lonxe por igual do artesán medieval e do artista cortesán rodeado de luxo e gloria, M. Anxo é home solitario, reflexivo, que acepta a súa xenealidade, máis como pesada carga que como mérito, entregado con fidelidade case relixiosa ao arte. A diferencia de Leonardo, para quen a pintura = arte + nobre, M. Anxo séntese escultor, tallador de mármore escultura = plasmación de seres humanos (semellante á creación divina) ceibar corpos da materia, extraer a forma latente presa no mármores, plasmar a idea por enriba da apariencia falsa verdade espiritual, auténtica realidade. Por iso pintura debería imitar forma escultórica.

Page 35: Unidade 10 Cinquecento

- David (1501-1504) = obra mestra do 1º Miguel Anxo esculpe idea fortezza = vontade humana coma enerxía vital, que só atopa acomodo na materia deformándoa tensión manifestada no modelado veas e musculos latexando vitalmente. A estatua posee a potencia a piques de estoupar, de mudar en acto.

- En 1505 Xulio II chama a N. Anxo a Roma encargo de mausoleo, previsto inicialmente para centro nova basílica do Vaticano, sobre tumba de S. Pedro e baixo cúpula de Bramante. Encargo a escala monumental = gran proxecto e obsesión da súa vida, pero remate en fracaso. Morte papa interminables negociacións con familiares reduccións proxecto inicial obra final = modesta tumba que engrandece figura de Moisés = fig sedente de ser cósmico de enerxía desbordante (terribilitá).

Page 36: Unidade 10 Cinquecento

- En 1508 novo encargo de Xulio II = pintar bóveda Capela Sixtina, sede de conclaves papais. A obra abraiou a todos, pola súa calidade e rápidez na execución, en catro anos case sen axuda. Bóveda Capela Sixtina = síntese arquitectura, pintura e escultura arquitectura finxida bóveda con arcos e nervaduras que monumentalizan espazo.

- Morte Xulio II novo papa León X, un médici encargo da Capela Funeraria dos Médici en Florencia = espazo centralizado, con dous conxuntos escultóricos 2 figuras sedentes (Giulinao e Lourenzo) emerxen sobre sarcófagos, acompañados de fig alegóricas (tempo efímero da m,ateria (o Día e aNoite baixo Giuliano, a Alborada e o Solpor baixo Lourenzo).

- Con sesenta anos regresa á Sixtina para acometer o Xuízo Final do testeiro, inmenso espazo onde emerxen con estrépito masas condensadas de figuras (+ de 400), ás que a poderosa enerxía dos brazos de Cristo imprime un movemento irresistible de rotación.

- Desde 1546 dirixe as obras de San Pedro do Vaticano, cargo que ocuparía ata a súa morte. Papas e arquitectos non se decidían entre simbolismo planta central e funcionalidade da basilical. Malia a súa antiga rivalidade, M. Anxo regresa a idea inicial de Bramante matizándola con certa direccionalidade axial grandiosa cúpula.

Page 37: Unidade 10 Cinquecento
Page 38: Unidade 10 Cinquecento

- Na súa xuventude M. anxo esculpe a Piedade do Vaticano (1496) composición piramidal serena con pulido extremado luminosidade de reflexos vivos. Nos derradeiros anos M. Anxo regresa ao mesmo tema con senllas obras destinadas á súa tumba

Piedade Florencia: racha con ela nun ataque de ira, retaurada posteriormente por un discípulo.

Piedade Rondanini: traballa nela ata a súa morte aos 89 anos conxunto onde simplifica a idea, a esencia de forma radical desbotando referencias naturalistas que lle estorbaban M. Anxo semella ceibarse dos seus medos: non hai angustia, senón aceptación morte coma nacemento espiritual.

Page 39: Unidade 10 Cinquecento

44. DAVIDMIGUEL ANXO

- Escultura renacentista italiana. Clasicismo do Cinquecento.

- Academia, Florencia, c. 1501-1504.

- Mármore, 5 m.

- Encargo da Opera do Duomo. Emprazada orixinariamente na Praza da Signoria (réplica).

- Iconografía: David nu portando unha funda no ombro para matar a Goliath.

Page 40: Unidade 10 Cinquecento

- Coma David Donatello, M. Anxo pretende tamen actualizar modelo clásico, pero dende posición persoal, pescudando idea profunda de beleza, non beleza serena fortezza = forza autocontrolada, vontade humana cobncentrada en enerxía vital.

- Para expresala saca partido bloque mármore = alto e estreito. Extrae del a forza en potencia do novo héroe, a enerxía que só atopa acomodo na materia deformándoa, agrandando desmesuradamente a cabeza, colo e extremidades ruptura co canon clásico.

- Rompe tamén con composición equilibrada contraposto asimétrico entre dereita vertical e pechada e esquerda crebada e aberta = contraste simbólico medieval destra segura baixo protección divina e sinistra vulnerable ás forzas do mal.

Page 41: Unidade 10 Cinquecento

- Ritmo confronta 2 tensións opostas: centrípeta que prepara desencadenamento da acción, e outra centrífuga, que ameaza espallarse polo redor. Unha maniféstase nos xiros das extremidades cara dentro, a outra na enerxía da mirada ou no xesto apertado de vontade contida. A estatua fica pechada en si mesma, pero a enerxía que desprende anuncia inminente despregue no espazo potencia a pique de transformarse en acto tensión no modelado músculos e veas latexan como se baixo a pel correra unha arroutada corrente vital.

Page 42: Unidade 10 Cinquecento

- Hai no David moitos significados e interpretacións variadas: evocación héroe clásico (Hércules), personificación das virtudes cívicas da fortezza e a ira, un home consciente da súa enerxía e dignidade e mesmo alegoría da República de Florencia que ven de expulsar aos Médici e recuperar a liberdade política.

- Pero tamén hai contido relixiosos concepción do Home e Héroe de Miguel Anxo é profundamente neoplatónica, polo tanto tamén relixiosa e cristiá Home coma enerxía e vontade é tamén Home coma espírito, criatura de Deus, cunha alma que dá vida ao corpo/cárcer, deformado para acubillala e expresala.

Page 43: Unidade 10 Cinquecento

45. MOISÉSMIGUEL ANXO

- Escultura renacentista italiana. Clasicismo do Cinquecento.

- Mármore. 235 cm.

- Igrexa de San Pedro in Vincoli, Roma. c. 1515.

- Segundo proxecto da tumba de Xulio II.

- Iconografía: Moisés, sedente, coas táboas da lei.

Page 44: Unidade 10 Cinquecento

- Realizado para 2º proxecto Tumba de Xulio II (1515), Moisés foi planeado para o ángulo do 2º andar, a 4 m do chan, polo que o seu emprazamento final (no centro do mausoleo) en S. Pedro in Vincoli = alteración idea orixinal.

- Moisés = figura sedente dun coloso que treme, ser cósmico no que se fan visibles os elementos da natureza, que segundo os antigos formaban ao home: lume do cabelo coma lapas, auga na fervenza da barba, e rocha nos membros rexos e amplos pregues do manto.

- Posuído por enerxía que emana do interior, ergue a cabeza bruscamente e mira á esquerda, pero o corpo recúa instintivamente en sentido contrario coa man dereita atrapada na barba retención do estoupido plasmación por Miguel Anxo o desenvolvemento da paixón que nace, acada o climax e decae.

Page 45: Unidade 10 Cinquecento
Page 46: Unidade 10 Cinquecento

- Volvemos a atopar o mesmo contraste compositivo entre esquerda e dereita: esquerda aberta, exposta ás forzas do mal (mira airado, acendido de cólera) contra liñas severas, pechadas e sólidas na que se apoia. Intensificación do drama na cabeza, onde flamíxera cabeleira, mirada alporizada, tremor dos beizos expresión feroz a pique de arremeter contra depravación humana.

- Existen tamén interpretacións iconográficas complexas: nunha lectura literal ilustraría episodio lei mosaica protagonismo Antigo Testamento na propagación da verdadeira fe e a salvación humana que culmina no triunfo da Igrexa.

- Tamén esconde referencia neoplatónica Moisés encarna Vida Activa de forza abraiante, a victoria da mente sobre o corpo, o espiríto ceibe que pode albiscar a Idea que habita na cima do conxunto (2º proxecto)

Page 47: Unidade 10 Cinquecento

46. CAPELA SIXTINABÓVEDA: CREACIÓN ADÁN

MIGUEL ANXO- Pintura renacentista italiana. Clasicismo do Cinquecento.- Fresco, conxunto da bóveda.- Capela Sixtina, Vaticano, Roma, c. 1511.- Encargo papa Xulio II- Xénero relixioso. Iconografía: Deus crea a Adán.

Page 48: Unidade 10 Cinquecento

- En 1508 Xulio II encarga a Miguel Anxo decoración a bóveda da Capela Sixtina, edificada 30 anos antes por Sixto V, coma lugar adicado ás celebracións litúrxicas do Papado e sede dos conclaves para a elección papal. No conxunto orixinal adobiaban os muros frescos con historias da vida de Moisés e Cristo. O teito azul e con estrelas douradas (tradición gótica) nun principio, foi pintado por M. Anxo entre 1509 e 1512. Estes frescos da capela sufriron restauracións diversas desde o mesmo S. XVI. A última, polémica, pola “descuberta da cor” de Miguel Anxo, ven de rematar en 1994.

Page 49: Unidade 10 Cinquecento

- A bóveda completa as historias de Sixto V (vida Moisés e Cristo) coa representación mundo ante legem (Xénese), en tres alturas segundo a importancia xerárquica do contido: nos lunetos os antepasados de Cristo. Nas beiras, sibilas e profetas con facultades sobrenaturais para percibiren cos ollos do espírito a presenza divina, e os ignudi (nus), xenios pagáns que comparten un vago presentemento.

- No eixo do entramado da arquitectura e escultura finxidas que artella a bóveda, aparecen nove paneis apaisados que ilustran escenas do Xénese. Dispostas en ringleira para ser vistas sucesivamente camiñando desde a entrada, á serie está ordenada e pintada, en sentido inverso ao narrativo.

Page 50: Unidade 10 Cinquecento
Page 51: Unidade 10 Cinquecento

- Na Creación de Adán anova imaxinativamente a iconografía tradicional, amosando o intre decisivo en que Deus insufla o sopro da vida (alma) no corpo inerte do primeiro home contacto entre os dous protagonistas = imaxe definitiva e inmortal.

- Mentres na esquerda xace Adán, describindo un agudo contraste en tre a súa poderosa anatomía e a súa actitude sen vida, sen forza para achegar o extremo da man a Deus, este cruza o espacio cun ímpetu poderoso que arrastra ao círculo de anxos que o envolve. A composición á vez simple e grandiosa, intensifica o encontro pola mínima separación entre os dous dedos en metade do baleiro tensión descarga dramática nunca antes conseguida na representación da Creación.

Page 52: Unidade 10 Cinquecento

47. CAPELA SIXTINATESTEIRO: XUÍZO FINAL

MIGUEL ANXO

• Pintura renacentista italiana. Clasicismo/Manierismo Cinquecento.

• Fresco. Muro do testeiro.

• Capela Sixtina, pazo do Vaticano, Roma. c. 1536/41.

• Encargo do papa Clemente VII confirmado por Paulo III.

• Xénero relixioso. Iconografía: Xuízo Final.

Page 53: Unidade 10 Cinquecento

- Trinta anos despois da bóveda, con 60 recén cumpridos, regresa M. Anxo á Sixtina para acometer o fresco do testeiro, encargo papal que interrumpiu de novo o encargo da tumba de Xulio II.

- A idea orixinal dun peq fresco apaisado foi medrando durante a realización ata desbordar o paramento enteiro cun enorme e grandioso Xuízo Final

- Nun espazo frío, amorfo e adimensional, emerxen con estrépito moreas de fig, que a poderosa arrastrados pola poderosa enerxía dos brazos de Cristo nun irresistible movemento de rotación.

Page 54: Unidade 10 Cinquecento

- A lectura principia na zona inferior esquerda cunha sobrecolledora resurrección dos mortos, corpos deformes que ascenden traballosamente, ata se xuntaren cunha inxente multitude de mulleres (posible coro de sibilas), entre elas Eva núa e unha monumental matrona que protexe a unha rapaza aterrada.

- No centro, o Cristo/Sol nu (logo pudorosamente tapado) xorde polo ollo deste ciclón: o brazo dereito condena con xeto implacable que concentra todo o impacto visual mentres rexeita calquera súplica co esquerdo. Impasible, sen rastro de ira, executa un destino terrible que a Virxe abeirada se revira para non mirar: Xustiza e Misericordia desdóbranse nesas figuras unidas pero de desigual poder.

- Rodéanos horrorizados un halo ovalado de personaxes (entre eles Bartolomeu, coa súa pel esfolada onde M. Anxo se retrata), en tanto nadereita apíñanse profetas e mártires cos seus instrumentos.

- Baixo eles a morea de condenados, que tan desesperada e inutilmente loitan contra o destino, precipítanse a un infierno inspirado na divina comedia de Dante: un Caronte enrabiado bate co remo aos + recalcitrantes que atordadamente caen da barca.

Page 55: Unidade 10 Cinquecento

- A morte, motivo recorrente na obra de Miguel Anxo ( desde a tumba de Xulio II e a capela Medici ata as derradeiras Piedades), sofre aquí unha inflexión. O Xuízo Final ilustra o drama pola salvación persoal: ¿Pode o home contribuir de xeito decisivo á súa salvación ou esta fatalmente predestinado a unha fin escrita de antemán? Aínda fica na Sixtina a crenza na liberdade humana para se rebelar, pero esta loita heroica non pode vencer o destino inexorable que Deus pon en marcha. A desesperación que expresa esta terrible escen, lonxe da utopí neoplatónica da concordatio, é sinal do seu fracaso incertidumbre da crise do S. XVI.

Page 56: Unidade 10 Cinquecento

48. BASÍLICA DE SAN PEDROTESTEIRO E CÚPULA

MIGUEL ANXO- Arquitectura renacentista italiana.

Clasicismo do Cinquecento.

- Roma.

- Cúpula proxecto de Miguel Anxo realizada por Giacomo della Porta entre 1586/93.

- Testeiro de cruz grega. Paramento exterior articulado con pilastras e ático.

- Dobre cúpula con lanterna. Luz de 42 m.

Page 57: Unidade 10 Cinquecento

- Desde 1546 M. Anxo dirixe as obras de S. Pedro do Vaticano, ata a súa morte en 1564. Na edificación, a intervención de M. Anxo foi decisiva: o proxecto ficaba atrancado nun interminable debate entre pureza simbólica da planta central e funcionalidade litúrxica de plan basilical.

- Malia súa antiga rivalidade, M. Anxo recoñece a superior claridade da idea inicial de Bramante e regresa a ela, matizándoa, regresa a ela Recupera planta central, introducindo certa direccionalidade axial cunha fachada que non chegou a facerse abandono proxecto M. Anxo no S. XVII por Maderno definitiva planta lonxitudinal obra de M. Anxo quedou coma testeiro da basílica definitiva.

Page 58: Unidade 10 Cinquecento

- Modela un espacio central grandioso de cruz grega inscrita nun cuadrado que circunda un deambulatorio ininterrumpido, pero muda radicalmente a idea de Bramante: onde aquel subordinaba todo á cúpula, para a que creaba un esqueleto imponente de formas macizas e pechadas, M. Anxo concibe un interior espacioso e continuo, no que o baleiro domina sobre o muro.

- Envolve o recinto cun muro vigoroso e moldurado. Deseña fóra unha pantalla pregada e furada de 2 andares desiguais: abaixo deorde colosal con pilastras e arriba un estreito ático.

Page 59: Unidade 10 Cinquecento

-Aínda que construida trala súa morte con mínimas modificacións, a cúpula conserva a forma que M. Anxo proxectou impresión de poderoso empuxe vertical, que se eleva con enerxía desde o corpo da basílica alto e esvelto tambor, os estribos saíntes articulados en pares de columnas, a empinada pendente, os marcados nervios e a lanterna irta.

- M. Anxo inspirouse na cúpula de Brunelleschi (dobre casca e perfil apuntado). Pero interpreta libremente o modelo e crea unha versión + escultórica, mediante claroscuro do tambor, a multiplicación dos nervios, + grosos, a superficie esférica dos paños e a eliminación da bicromía aposta por pureza formal da arquitectura. Ata tal punto supera modelo precedente florentino cúpula M. Anxo = modelo único e recorrente de todas as cúpulas.

Page 60: Unidade 10 Cinquecento

49. PIEDADE DO VATICANOMIGUEL ANXO

- Escultura renacentista italiana. Clasicismo do Cinquecento.- Mármore, 174cm x 195 cm- Basílica de S. Pedro, Roma, 1498-99.- Iconografía: Pietá = Virxe co corpo de Cristo morto.

Page 61: Unidade 10 Cinquecento

- Obra encargada por un cardenal benedictino embaxador do monarca francés ante á Santa Sede, ao que o autor coneceu en Roma. Foi a primeira vez que o artista aborda este tema iconográfico, logo repetido ao longo da súa vida con diversos tratamentos, que poñen de manifiesto a súa evolución artística e espiritual.

- Obra de xuventude, das + clásicas e humanistas de M. Anxo. Uso de mármore de Carrara exquisita delicadeza beleza ideal e perfección técnica propia do clasicismo. Clasicista tamén o tema da Piedade, o + humanista de toda a Paixón de Cristo.

- Idealización da beleza (neoplatonismo) rostro da Virxe + xove que o do seu fillo (necesidade de mostrala eternamente virxe) beleza delicada e pura reforzo sentido virxinal.

Page 62: Unidade 10 Cinquecento

- Clasicismo compleméntase co tratamento do manto, que cae elegante, cincelado con grandes cavidades contrastes de luz e sombra.

- Corpo de Cristo derrubado sobre súa nai con estremo verismo grazas ao estudo anatómico previo de cadáver por M. Anxo.

- Mínima concesión á interpretación persoal miguelanxelesca = desequilibrio do corpo do fillo, a piques de esvarar polo manto da Virxe.

- Composición clásica: equilibrado triángulo, o que unido ó perfecto traballo no pulido (troppo finito do corpo de Cristo fronte a rugoso do manto), actitudes serenas dos personaxes harmonía e sosego típicamente clasicista.

Page 63: Unidade 10 Cinquecento

50. PIEDADE RONDANINIMIGUEL ANXO

- Escultura renacentista italiana. Clasicismo do Cinquecento.

- Mármore. 195 cm.

- Castelo Sforza. Milán. C. 1552/64. Non rematada

- Obra persoal, derradeira peza na que traballou días antes de morrer.

- Iconografía: Piedade = Virxe terma de Cristo, ambos de pé.

Page 64: Unidade 10 Cinquecento

- M. Anxo regresa, nos últimos anos da súa vida, ao tema da Piedade en senllas obras que seica destinará para a súa tumba imaxes persoais, alleas a encargo. Talla en 1545 a Piedade de Florencia, pero racha con ela nun ataque de ira dez anos despois, sendo restaurada posteriormente por un diiscípulo. Volve entón á Piedade Rondanini, que xa tiña desbastada, e sabemos que aínda traballaba nela días antes de morrer con 89 anos.

Page 65: Unidade 10 Cinquecento

- Cinco décadas antes, a famosa Piedade do Vaticano = obra xuvenil con sólido e clásico esquema triangular no que unha Virxe serena acepta resignadamente a vontade divina.

- As derradeiras piedades desenvolven libremente unha linguaxe poética persoal que nada conserva daquel equilibrio e claridade compositiva, do virtuosismo técnico ou o troppo finito abraiante no modelado… No canto diso, elimina a solidez e nega a masa e a materia mesmo da mármore, creba o volume en liñas angulosas e modela un non finito, onde a rugosidade da superficie expresa a luz interior da figura.

Page 66: Unidade 10 Cinquecento

- Seica M. Anxo desbotou a Piedade de Florencia por manter aínda demasiadas referencias naturalistas que lle estorbaban empeza de novo na Rondanini coa mesma idea, pero sometida a unha radical simplificación desaparición de Nicodemo e a Magdalena, que sostiñan e protexían á outra versión e fican sós a Virxe e Cristo. O fraco corpo deste non pode terse en pé sobre as súas pernas, que penduran flaccidas. E sen embargo a fig érguese, inmaterial coma unha lapa, e contra toda lei física, terma da súa nai que se recosta nel e extrae do seu fillo a única forza que a sostén. M. Anxo une tan intimamente as 2 fig (talla a Cristo no bloue da Virxe) 1 única persoa.

- Por fin M. Anxo semella ceibarse dos seus medos. Non hai nesta Piedade angustia, dor ou desacougo, senón aceptación da morte coma nacemento espiritual. Retoca a postura da Virxe, que antes clamaba ao ceo e agora xira a face cara ao seu fillo a quen abraza mansamente imaxe = pura existencia espiritual e trascendente, prescindindo de beleza física con formas angulares e modelado rugoso difuso resplandor interior.

Page 67: Unidade 10 Cinquecento

6. O FOCO VENECIANO: TIZIANO

- Venecia = importante centro comercial italiano en EM, en declive cos Descubrimentos e apertura rutas atlánticas no S. XV, pero riqueza acumulada prolongación opulencia e esplendor cultural nos S.XVI e XVII.

- Existencia burguesía ennobrecida de orixe mercantil e cultura laica que abraza modo de vida lúdico (festas e ceremonias) sensualismo vitalista, optimismo e diversión (materialismo aristotélico).

- Burguesía que rechaza arte manierista, distante e sofisticado, e opta en cambio por pintura basada na primacía da cor, rica e brillante (fronte supremacía do debuxo/liña en Florencia) e en sensualismo visual cheo de xogos de luces e coloridos fascinantes.

- Principais pintores:a) Giorgione (1477-1510): precursor, breve obra que enlaza co primeiro Tiziano, colaborador e discípulo. Luz intensa e paisaxe ampla chea de misterio e poesía, con figuras enigmáticas (A Tempestade).b) Tiziano (1485-1576): longa traxectoria e gran sona en toda Europa.c) Tintoretto (1518-94) e Veronese (1528-88), continuadores de Tiziano no foco veneciano.

Page 69: Unidade 10 Cinquecento

- Tiziano Vecellio (1485-1576), pintor moi lonxevo, recoñecido en vida como un xenio, organiza eficaz obradoiro que atende miles de encargos de príncipes, prelados ou o Emperador, quen o ennobrece.

- Traxectoria longa e varias etapas: Fase clásica (1520-1535): partindo de Giorgione, Tiziano afirma a súa personalidade, en espazos definidos = masas coloreadas de contornos precisos e composicións monumentais e sólidas. Exemplo: Amor sacro e Amor profano. Madurez (1535-1560): concede + importancia ás vibracións cromáticas, moduladas pola iluminación en planos de cor e complexos xogos compositivos que dinamizan a imaxe. Evoluciona hacia pincelada solta e libre que co tempo adquire todo protagonismo convertida en luz coloreada. Exemplos: pinturas mitolóxicas (Venus de Urbino), poesías (Dánae…), pintura relixiosa e retratos (Carlos V en Mühlberg)

Page 71: Unidade 10 Cinquecento

Fase final (1560-76): elimina progresivamente a liña desembocando en estilo espiritual e patético final escuridade do espazo, cromatismo case homoxéneo, violento contraste luces e sombras e ambiente fantasmagórico e mítico. Ex: Piedade e Coronación de espiñas.

Page 72: Unidade 10 Cinquecento

51. DÁNAETIZIANO VECELLIO

- Pintura renacentista italiana, veneciana.

- Óleo sobre lenzo.

- Museo do Prado, Madrid. 1553.

- Poesía encargada por Felipe II.

- Xénero: nu mitolóxico.

- Iconografía: Danae tomada por Xúpiter metamorfoseada en choiva de ouro.

Page 73: Unidade 10 Cinquecento

- Dánae = magnífica mostra do Tiziano maduro de med S.XVI, é un dos grandes nús da historia da pintura. Trátase dunha poesía = pintura dunha serie inspirada polas Metamorfoses de Ovidio, encargo de Felipe II para decorar as súas estancias privadas.

- Formaba conxunto con Venus e Adonis, ideadas en pendant, reservadas para un espazo privado, destinadas ao pracer público (diletto) do príncipe, que non excluía o sensual ou erótico como documentan textos da época.

- Espléndido e rotundo corpo de Dánae que agarda abandonada a ser fecundada por Xúpiter metamorfoseado en choiva de ouro. Contrasta coa traza noxenta e cobizosa da vella ama, que ignorando engano, apura en recoller o tesoro do ceo.

Page 74: Unidade 10 Cinquecento

- Con ambas fig, Tiziano ordea rítmicamente á composición, salientando a individualidade de cada unha. Intensa sensualidade cálida grazas á iluminación concentrada e a transparencia de tons sobre a súa pel, rodeada polo branco das sabas e o vermello do cortinado, en contraste coa escuridade de pardos e ocres da ama.

- A mesma contraposición á apreciamos arriba no ceo entre o estoupido da choiva dourada sobre o nu e tebras sobre a criada.

- Composición que se completa cun hábil trazado espacial para conseguir profundidade disposición do leito e fig en diagonais que avanzan de esquerda a dereita, mentres os planos sucesivos forman diagonais que recúan de esquerda a dereita estructura oblicua achegándonos a Dánae na esquerda e abrindo unha fuga de profundidade no lado contrario.

Page 75: Unidade 10 Cinquecento

sensualidade da situación esvaecendo os contornos cunha pincelada solta, propia do Tiziano maduro, que se desfai sobre todo nas teas onde pousa Dánae.

- Tiziano = mestre dos efectos de luz atmósfera cargada onde as luces douradas escintilan na transparencia da choiva divina. Ceo de súpeto aberto entre tebras e lóstregos vibración intensa e luminosa. Colorido rico e denso ambiente íntimo e sensual grazas á extensa gama de tonalidades cálidas.

Page 76: Unidade 10 Cinquecento

52. CARLOS V EN MÜLHBERGTIZIANO VECELLIO

- Pintura renacentista (veneciana) italiana.

- Óleo sobre lienzo.

- Museo do Prado, Madrid. 1558.

- Encargo de Carlos V para conmemorar a victoria militar sobre os protestantes.

- Xénero: retraso ecuestre.

- Iconografía: o emperador a cabalo na batalla de Mülhberg.

Page 77: Unidade 10 Cinquecento

- Obra de madurez de Tiziano, este retrato foi encargo do propio emperador para conmemorar a súa victoria militar en Mülhberg sobre a Liga de príncipes alemáns protestantes. Motivo que que se prestaba aos recursos do retrato alegórico manierista = triunfal e adulador loubando á fig do Emperador como héroe mitolóxico. Sen embargo Tiziano prescinde de todo este apartao e deseña un modelo de retrato + directo e real, pero non menos imponente.

- Fig única do Emperador cabalgando é o único que hai no cadro, sen +a engadido nin fig alegóricas o que vemos coincide fidedignamente co acontecemento (armadura, tempo…).

Page 78: Unidade 10 Cinquecento

- Pero que todos os detalles respondan á realidade non exclúe complexas claves simbólicas: sol vermello = sinal protección divina, retrato ecuestre = escultura antiga de Marco Aurelio identificación Carlos = césar, sucesor emperadores romanos, connotacións clásicas que fan de Carlos V a reencarnación poder imperial.

- Sen embargo destaca sobre todo a magnífica composición sobrecolledora solemmidade da fig, brillante e digna, evita toda rixidez. O avance contido da montura e a ´firme tensión do xinete carga dramática e ímpetu espoontáneo que o humaniza e o sitúa na realidade, inmerso nunha atmósfera de luces de luces douradas contrapunto poético e emotivo ao instante da victoria

Page 79: Unidade 10 Cinquecento

- Certo que Tiziano atende as esixencias do encargo (destacan magníficos reflexos metálicos da armadura), pero presta especial atención á condición humana do monarca: sen deixar de ser o Emperador, é tamen 1 individuo que asoma a través desa expresión melancólica, meditabunda e estoica, consciente do efímero da gloria. Seica o maior mérito deste retrato consiste en non disolver á persoa do personaxe que encarna.