2
CEIP DE ESPEDREGADA Volume 1 ENTROIDO MULTICULTURAL Marzo do 2016 UNHA VIAXE POLAS UNHA VIAXE POLAS UNHA VIAXE POLAS UNHA VIAXE POLAS ESTRELAS ESTRELAS ESTRELAS ESTRELAS ARCO DA VELLA NEWS Culturas de todo o mundo reuníronse o 5 de febreiro no CEIP Espedregada de Poio para festexar o Entroido. Todos reunidos na praza de Samieira. O INVERNADOIRO COBRA VIDA! AXENDA 16 de marzo Saída ao Museo e á Bilioteca 4º, 5º e 6º Saída á Biblioteca e á Garda Civil 1º, 2º e 3º 31 de marzo Saída ao Teatro 5º e 6º 7 de abril Visita ao obradoi- ro de Acuña 1º e 2º 18 de abril Saída ao teatro e á ONCE Infantil 10 xuño Excursión Fin de Curso TODO o centro “ESPEDREGADA” WATCHES THE PLAY “ALICE” BY BLUE MANGO THEATRE OS TROMPOS NO CEIP DE ESPEDREGADA

Arco da Vella News Volume 1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Arco da Vella News Volume 1

CEIP DE ESPEDREGADA

Volume 1

Chineses ( infantil ) , exip-

cios ( 1º ) , hawaianos

( 2 º ) , incas ( 3º/4º) ,

gregos ( 5º ) , e zulús

( 6 º ) participaron nun

animado desfile, acompa-

ñados polo séquito fúnebre

do galo Fodorico.

Partiron do colexio ata a

praza de Samieira. Alí ca-

da cultura presentou o seu

baile ao son da música

típica, ofrecendo un gran

espectáculo a todos os

presentes.

Para rematar apareceu un

sirio, amigo do defunto,

que con moita gracia pre-

sentou o funeral do galo Fodorico,

mentres as viúvas desfacíanse en

desesperados prantos.

ENTROIDO MULTICULTURAL

Marzo do 2016

UNHA VIAXE POLAS UNHA VIAXE POLAS UNHA VIAXE POLAS UNHA VIAXE POLAS ESTRELASESTRELASESTRELASESTRELAS

ARCO DA VELLA NEWS

Culturas de todo o mundo reuníronse o 5 de febreiro no CEIP Espedregada de Poio para festexar o Entroido.

Todos reunidos na praza de Samieira.

O 14 de decembro un planetario

móvil achega o universo ós ne-

nos e nenas do colexio de Espe-

dregada.

O obxectivo é chegar ós máis

pequenos ó mundo do cosmos;ó

Sistema solar, ás constelacións,

ós planetas e ó universo en

xeral.

Unha iniciativa interesante.

Este ano os nenos de 5º plantaron nun

ivernadoiro!

O invernadoiro está diante do ximnasio

con moitas cousas ricas que comer.

Pementos, tomates, cabazas, leitugas,

cebolas, cenorias...Algunhas plantas xa

naceron e outras non pero as que xa

naceron como:as xudías, os aguacates...

están listas para facer

ensalada,<<sandwiches>>... a comer sá!

O INVERNADOIRO COBRA

VIDA!

AXENDA

16 de marzo

Saída ao Museo e á Bilioteca

4º, 5º e 6º

Saída á Biblioteca e á Garda Civil

1º, 2º e 3º

31 de marzo

Saída ao Teatro 5º e 6º

7 de abril

Visita ao obradoi-ro de Acuña

1º e 2º

18 de abril

Saída ao teatro e á ONCE

Infantil

10 xuño

Excursión Fin de Curso

TODO o centro

In January, the kids

in years 5 and 6

went to the theatre

in Pontevedra. They

had been working

on the play through-

out the month, so

they were really mo-

tivated and excited

that day.

The play was based

on the famous tale

“ A lice in Wonder-

land ” by Lewis

Carroll, but it was a

free adaptation. Al-

ice was a nowaday

girl, the Cheshire cat

didn´t appear and

the characters went

through several

scenes related to

famous festivals:

Easter, Christmas,

Valentine´s Day, St.

Patrick´s Day…

The play was very

dynamic, and the

kids knew the

songs, so they had

a really great time!

“ESPEDREGADA” WATCHES THE PLAY “ALICE” BY BLUE MANGO THEATRE

O TROMPO, ese cachi-

ño de madeira torneado

xunto cunha punta e

unha corda .

O humilde trompo,

humilde na súa orixe e

grande nos nosos recor-

dos e círculos de amiza-

des.

Quen non recorda o es-

mero con que afiabamos

a punta do trompo para

poder escachalos a así

gañar a partida?

Pois como dí o refrán “

Polo San Martiño, trom-

Polo San Martiño, trom-Polo San Martiño, trom-

Polo San Martiño, trom-

pos ao camiño ” .

pos ao camiño ” .pos ao camiño ” .

pos ao camiño ” .

OS TROMPOS NO CEIP DE ESPEDREGADA

Page 2: Arco da Vella News Volume 1

O amor chega a Raxó!

ARCO DA VELLA NEWS

Raxó. O pasado venres

día 12 de febreiro, os

alumnos de CEIP de

Espedregada, celebra-

ron o día dos namora-

dos. Decoraron un co-

razón de papel con pe-

gatinas e rotuladores e

escribiron unha mensa-

xe de amor e amizade.

A continuación, cortáro-

no pola metade con

tesoiras de formas. To-

das as metades xuntá-

ronse nunha caixiña e,

cada alumno debía co-

ller unha metade para

buscar a súa parella.

Desta forma, os cora-

zóns, volveron a estar

enteiros e cheos de

cariño. Ao rematar, as

parellas, fundíronse

nun gran abrazo.

Os alumnos de 4º van facer unha

obra de teatro no Xaime Illa chamada

`` Lendas de San Xoán ´´ o autor

chámase Carlos Labraña.

Os alumnos de 6º van facer dúas

obras de teatro chamadas:

``El Caserón del miedo ´´ e o autor é

Ignasi Garcia e `` Alipio Paxariño ´´

de Antonio Torrado .

Aconsellamos non perder estas

interpretacións !

OS ALUMNOS DE 4º E 6º VAN DE XIRA DE TEATRO AO XAIME

No mes de decembro che-

gou Papá Noel á Serpe co

saco cheíño de agasallos,

recibiu a todo o cole.

Aos maiores doulles cara-

melos, aos pequenos un

regaliño e colleu as nosas

cartas.

A VISITA DE PAPÁ NOEL

A FAMILIA DO SEÑOR

Don Fodorico Neira Vilas

FALECEU O PASADO DÍA 5 DE FEBREIRO AOS 54 ANOS DE IDADE,

CONFORTADO COS SANTOS SACRAMENTOS .

A muller,a galiña Turuleca os seus posibles fillos Fodorico Junior ,Turulequiña; primos, sobriños e demais familia rogan unha oración pola súa alma hoxe día 5 de febreiro ás 11:00 horas do mañá na Praza de Samieira.

O pasado día 12 de novembro, no día

do magosto, fixemos unha carreira

solidaria.

Todos os nenos e nenas do colexio

correron polo circuito para recaudar

cartos para os nenos e nenas pobres.

Os nenos e nenas correron por

grupos dando voltas e os profes

contaban as voltas. Por cada volta,

os nosos patrocinadores aportaron

cartos.

Os nenos levábamos dorsais

diferentes e todos xuntos

conseguimos xuntar 324,98 Euros

para Save the Children.

O pasamos xenial!!! O ano que vén

faremos máis voltas!!!

A CARREIRA SOLIDARIA DAS CASTAÑAS

Os alumnos de 6º comezamos a gra-var na aula de Música o que sería o noso primeiro programa radiofónico.

É unha actividade relaciona coa ce-lebración do Día Mundial da radio que se celebra o 13 de febreiro.

A mestra de Música propúxonos participar na elaboración dun pro-grama especial dedicado ás “Culturas do Mundo” (proxecto que estamos a desenvolver no centro a nivel xeral).

Unha vez obtida a información ne-cesaria, tiñamos que facer un guión radiofónico en forma de diálogo que

resultase ameno para darlle un pun-to divertido ao programa.

Unha vez que tiñamos todo prepara-do e estudado, gravamos na aula de música con micro e auriculares para poder escoitar ben as voces. Fixe-mos varias probas e ao final quedá-monos coa primeira.

Pensamos que o resultado cumpre coa súa misión: a de entreter e infor-mar aos oíntes, polo que xa estamos a traballar na seguinte gravación que será sobre os “Premios da músi-ca”.

ESPEDREGADA RADIO: O PLANETA DAS CULTURAS

QUE É A ANPA? A ANPA é unha asociación de nais e

país dos alumnos do colexio.

POR QUE TE PRESENTACHES PARA PRESIDENTA DA ANPA? Pois, porque non había moita xente disposta a coller o posto e, ademáis, gústame colaborar en todo o que sexa

axudar aos nenos.

CANDO DEIXARÁS A PRESIDENCIA? CONTINUARÍAS? En principio, a presidencia, é por dous anos. Pasado este tempo e se ninguén

se presenta, gustaríame seguir.

QUEN TE AXUDA? Un grupo de varias nais, pero principal-

mente, a secretaria.

QUE LLES DIRÍAS ÁS FAMILIAS QUE

NON SON SOCIAS? Animaría a que fosen socias porque todo o que facemos é en beneficio dos

nenos.

QUE É O QUE MÁIS TE GUSTA DA TÚA FUNCIÓN NA ANPA? Recibir a gratitude dos país cando se

fan os traballos, as cousas…

CALES SON AS PRINCIPAIS DIFI-CULTADES CON QUE SE ATOPA? Faise o traballo con toda a boa inten-ción e, aínda así, hai xente que non o

sabe recoñecer.

CALES SON OS TEUS PROXECTOS? Gustaríanos continuar coas actividades para os alumnos, conseguir melloras para o centro a través dos organismos e levar a cabo unha xuntanza de país e

nenos.

HABERÁ EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO? A ONDE? En principio temos programada a cola-boración coa saída do centro, aínda que hai a posibilidade de facer outra que podería ser a Cerceda, a illa de

Ons….

Aquí rematamos a entrevista agra-

decéndolle a súa colaboración e espe-

ramos que poda levar a cabo todos

eses proxectos para fomentar a partici-

pación conxunta de familia, alumnos/as

e colexio (Os alumnos/as de 6º).

ENTREVISTA COA PRESIDENTA DA ANPA

Volume I Páxina 2